Inicio Baixo Miño Ouro e prata galegos na última xornada do Mundial de Maratón

Ouro e prata galegos na última xornada do Mundial de Maratón

Ouro e prata galegos na última xornada do Mundial de MaratónTono Campos e Diego Romero conquistaron o ouro en C2 senior, por diante das piraguas de Polonia e Hungría mentres que Tania Fernández e Tania Álvarez lograron a medalla de prata en K2 na última xornada do mundial de China.

A representación galega no campionato mundial de maratón pecha a súa participación nesta edición 2019 cunha medalla de ouro conseguida pola parella de Tono Campos e Diego Romero na carreira de C2 senior e outra de prata para o tándem de Tania Álvarez e Tania Fernández en K2 senior.

A dupla de Campos e Romero que tomaba a saída ás 2:30 desta madrugada mantívose sempre na cabeza. A partir da terceira volta, lideraron a carreira xunto á embarcación de Polonia, ata o final. Antes do último porteo Campos e Romero aceleraron o ritmo para escaparse dos polacos.

O C2 español cruzaba a liña de meta despois de 01:59:06.33 superando aos seus rivais máis próximos os polacos Zuchora e Burgiel en 00:00:13.4. Os húngaros Laczo e Nagy terminaron na terceira praza. A outra parella participante con representación galega era a de Óscar Graña e o Pedro Areal, que finalizaron nunha meritoria quinta posición.

A outra medalla galega de onte en terras chinesas foi para a deportistas Tania Fernández do Kaiak Tudense e Tania Álvarez do Breogán do Grove.

Así ben, Fernández e Álvarez suman a súa segunda medalla mundialista despois de alcanzar o bronce no pasado mundial de Portugal. Nesta ocasión lideraron a proba nas primeiras voltas xunto á embarcación de Hungría e a outra piragua de España. A vitoria sería para Renata Csay e Zsofia Czellai- Voros que marcaban 01:56:30.22, mentres que Tania Fernández e Tania Álvarez facían 01:56:33.99 para conseguir o subcampeonato mundial, en terceiro lugar cun tempo de 01:56:56.72 cruzaban a liña de meta Irati Osa e Arantxa Toledo.

A última carreira deste campionato tiña na liña de saída a dúas piraguas de clubs galegos. Iván Alonso xunto a Jaime Sobrado lograban a cuarta praza, cruzando a liña de meta a un minuto da parella vencedora de Francia. En quinta posición chegaban os integrantes do Fluvial de Lugo, Miguel Fernández e Julián Becerro

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies