Inicio Baixo Miño A Guarda O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo...

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio Minho

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio MinhoO deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Minho, Uxío Benítez, participou onte na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo acompañado polo director da Fundación CEER, Valerià Paül; a concelleira de Festas de A Guarda, Elena Baz; e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves.

Benítez aproveitou a ocasión para mostrar a súa satisfacción polo éxito do Congreso Turístico que tivo lugar onte en A Guarda e co que se abría este I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho e anunciar “a creación dun foro estable que reúna ás empresas do sector turístico e da gastronomía, e do que tamén formen parte os axentes públicos que estamos traballando día a día polo sector, para que deste modo poidamos camiñar de forma conxunta e coordenada, e cunha estratexia común para impulsar esta marca Rio Minho que ten tanto que ofrecer ao mundo”.

O director do AECT Rio Minho salientou que eventos como este I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía son unha oportunidade para “mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio”, e reiterou que “ao facelo xuntos e xuntas ofreceremos un produto máis completo”. Benítez apuntou que esta era a primeira vez que se celebraba un foro deste tipo con representantes institucionais de unha e outra beira do Miño pero “que con seguridade non sería último”. Ademais, fixo fincapé na importancia da presenza e participación no evento de empresas do sector privado como ocorreu na xornada de onte e na de hoxe “que son as que traballan día a día polo noso turismo”.

“É necesario que se continúe facendo este tipo de accións e deseñar un camiño cunha estratexia común para ser máis eficientes e competitivos co obxectivo final de atraer máis visitantes”, apuntou. O deputado lembrou que o I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho é unha iniciativa que forma parte do proxecto de Cooperación europea Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, “orientado á promoción e preservación do territorio, e que ten por obxectivo “atraer visitantes a esta rexión con accións que xa se están executando nunha e outra beira e coa creación da marca Rio Minho, que temos hoxe aquí”.

Ao longo da xornada terán lugar diferentes actividades relacionadas coa gastronomía e a industria vitivinícola. Tras un debate con expertos e expertas de diferentes ámbitos académicos e profesionais o chef Alberto González do restaurante Silabario de Vigo ofrecerá un showcooking con produtos do territorio. Xa pola tarde será a quenda para as degustacións e catas de viños, cervexas e lamprea e microcharlas que ofrecerán unha visión completa da gastronomía a través da antropoloxía, a historia e as actividades no territorio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies