Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo O Club Ría de Aldán leva o Memorial Manuel Marcelino - X...

O Club Ría de Aldán leva o Memorial Manuel Marcelino – X Regata de Aldán

O Club Ría de Aldán leva o Memorial Manuel Marcelino - X Regata de AldánNas augas da ría de Aldán celebrouse durante a mañá de hoxe o Memorial Manuel Marcelino- X Regata de Aldán para as embarcacións K4 e C4 das categorías Cadete, Xuvenil, Senior e Veterano.

Unha proba na que os anfitrións, o Club de Mar Ría de Aldán-Irmáns Gandón levaron o triunfo na clasificación xeral por equipos con 1176 puntos, o segundo e terceiro caixón do podio ocupárono o E. P. Ciudad de Pontevedra con 799 puntos , e o Piragüismo Vilaboa con 738 puntos.

A saída para a disputa dos seis quilómetros de percorrido, na que tomaban parte os 220 padeeiros inscritos nesta edición, tomouse desde a praia de San Cibrán. O podio da categoría senior kaiak masculino completábanos o Club Piragüismo Vilaboa, Piragüismo Portonovo e Piragüismo Olívico.

Polo contario en muller senior, o primeiro e segundo posto foi para as dúas embarcacións do Club de mar Ría de Aldán, mentres que terceira posición sería para a piragua do Club Naval de Pontevedra.

Polo que respecta a modalidade de C4 o E. P. Ciudad de Pontevedra ocupou a primeira posición do podio, segundo e terceiro foron o Ría de Aldán e o Ciudad de Pontevedra. Ademais na categoría cadete kaiak o E. P. Ciudad de Pontevedra vencía en homes.

Polo que respecta á categoría xuvenil o barco do Ría de Betanzos e Naval de Pontevedra levaba a vitoria masculina mentres que o Betanzos e Deportivo Miño facía o propio en mulleres.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies