spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das AnguriasA parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda.

A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90 donara un terreo á Igrexa para este fin. O terreo, ubicado onde hoxe se atopa o Parque Raíña Aragonta, foi expropiado no seu momento para a construcción do mencionado parque, deixando así sen posibilidade de construcción da ansiada capela.

Agora, investindo o cobrado pola expropiación, a Igrexa ven de adquirir un baixo no que se ubicará a capela así como locais pastorais para xuntanzas e xornadas de traballo. Trátase dun local de 300 m2, aos que hai que sumarlle outros 100 m2 de terraza. As celebracións relixiosas seguirán a celebrarse na Igrexa Parroquial de Santa María, reservándose a futura capela como lugar de oración e de traballo, que permanecerá aberta para tódalas persoas que queiran achegarse.

A capela e os locais complementarios ofrecerán servizo tanto á parroquia de Santa María (a máis grande de Salceda), como ás parroquias da contorna.

Jesús Martínez, vigairo de economía da diocese de Tui-Vigo, e Fran Ojosnegros, párroco de Santa María, reuníronse esta semana coa Alcaldesa, Loli Castiñeira, para expoñerlle o proxecto e comezar os trámites para poder acometer as obras de acondicionamento canto antes, para que o local poida estar dispoñible no ano 2020.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.