spot_img
InicioBaixo MiñoO Club Piragüismo Penedo cuarto na Copa de España celebrada en Dumbría

O Club Piragüismo Penedo cuarto na Copa de España celebrada en Dumbría

O Club Piragüismo Penedo cuarto na Copa de España celebrada en DumbríaO equipo do Piragüismo Penedo alcanzou a cuarta posición esta fin de semana na 1º Copa de España de Novas Promesas de Slalom Olímpico celebrada no Campo de regatas de O Couquiño, en augas do Río Xallas en Dumbría.

O conxunto do Penedo sumou 532 puntos na clasificación xeral na que o gañador foi o Club SantiagotarraK de Irún con 1046 puntos, mentres que segundo foi o equipo catalán do Cadí con 558 puntos e terceiro sería o Atlético San Sebastián con 550 puntos. A actuación galega completouna o Montaña Quixós cun quinto posto, Piragüismo Dumbría sétimo, Deportivo Miño noveno e Tea de Mondariz décimo primeiro.

Os participantes galegos realizaron unha importante actuación, ao conseguir un total de 13 medallas repartidas en cinco de ouro, tres de prata e cinco de bronce. O podio da categoría C1 cadete feminino completárono Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo ambas as deportistas do Deportivo Miño e Alexia Canosa do Piragüismo Dumbría. Barreiro e Soutelo repetirían na modalidade de K1. Noa Díaz do Montaña Quixós fíxose coa vitoria en K1 infantil B mentres que o C1 conseguía a terceira posición. En C1 Cadete Samuel Castro do Deportivo Miño terminou segundo, mentres que Claudio Bernárdez do Montaña Quixós sería terceiro. En C1 infantil B o padeeiro do piragüismo Penedo Aarón González facíase co triunfo, pola súa banda Brais Sánchez sería terceiro. Paula Ricón do Penedo lograba o terceiro posto en C1 infantil A, igualmente o seu compañeiro de equipo Hugo Ricón levaba o bronce en C1 cadete. Por último, Valentín Varela tamén do Penedo superaba a todos os seus rivais e colgábase a medalla de ouro en K1 Infantil B.

A próxima cita da liga Nacional será o próximo 20 de Julio coa celebración da 2º Copa de España que se vai a celebrar na localidade leridana de Sort.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.