Inicio Pontevedra Salceda programa un mes de xullo con máis de 30 actividades culturais

Salceda programa un mes de xullo con máis de 30 actividades culturais

Susana Seivane, plato forte do Verán Cultural de SalcedaMáis de 700 persoas actuarán nas máis de 30 actividades se celebrarán ao longo de dúas semanas de programación

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Alex Rodríguez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que presentou esta mañá acompañado da alcaldesa, Loli Castiñeira. Rodríguez, amosouse moi agradecido coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para presentar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de duas semanas. Salceda encherase así un ano máis de música, baile, cine, xogos e, sobre todo, moita festa. Inciden dende o Concello en que se trata dunha programación variada para tódolos gustos e para tódolos públicos, cunha especial presenza das actividades dirixidas aos nenos e nenas.

O Verán Cultural arrinca este venres 5 de xullo e o pistoletazo de partida corre a cargo da Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA), que por cuarto ano organizan a Feira Medieval (5, 6 e 7 de xullo).

No ciclo hai citas que non poden faltar, como o certame de bandas de música que este ano celebra a súa vixésimo oitava edición, o festival folclórico ou o día da infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores. Destacan as actividades dirixidas ao público familiar, tendo en conta que estamos a falar dun dos Concellos con maior taxa de natalidade de Galicia. Outra das premisas é a variedade de espazos nos que se van desenvolver os actos: O Parque Raíña Aragonta, o Parque da Gándara, o Auditorio Municipal, o recinto do CEP Altamira e, por suposto, a Praza do Concello. A programación extenderase dende o venres 5 ata o luns 22 de xullo en que rematan as Festas do Cristo.

Concerto de Susana Seivane en TuiO prato forte chegará da man de Susana Seivane, cun concerto o sábado 20 de xullo dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Por outra banda Rodríguez destacou os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos/das Salcedenses Distinguidos/as, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo. Así mesmo, fíxose especial mención ao concerto que Susana Seivane ofrecerá o sábado 20 de xullo dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Pola súa banda, a Alcaldesa destacou que se achegan días con importante presenza de salcedenses que nos visitan aproveitando as vacacións de verán, para o que Salceda está preparada para acoller a todas esas persoas. Así mesmo, Castiñeira quixo incidir no agradecemento ao traballo do tecido asociativo, lembrando que o Concello segue a apostar pola cultura da casa e por poner en valor o traballo feito polas diferentes asociacións do municipio.

PROGRAMACIÓN VERÁN CULTURAL 2019

Martes 9 de xullo

  • 23:00 Cine na Rúa. Praza do Concello.

Mércores 10 de xullo

  • 20:00 Aula aberta de ioga con Vanessa Guisande. Parque da Gándara.
  • 22:45 Teatro Castro Barreiro. Praza do Concello.

Xoves 11 de xullo

  • 19:30 Contacontos en inglés, “The King’s Servant”. Praza do Concello.
  • 22:30 Actuación do Centro Cultural O Borralliño. Parque Aragonta.

Venres 12 de xullo

  • 18:00 Día da Infancia, hinchables, xogos… Parque da Gándara
  • 23:00 Actuación do grupo Voces do Arrieiro. Praza do Concello.

Sábado 13 de xullo

  • XVI Rallye SURCO. Organiza Escudería Surco (Consultar programación)
  • 21:30 XXVIII Festival de Bandas de Música de Salceda.
    • Banda de Música Castrelo de Cambados
    • Banda de Música Xuvenil de Barro
    • Banda de Música Cultural de Salceda

Domingo 14 de xullo

  • 21:00 Exhibición de Break Dance. Parque Raíña Aragonta.

Luns 15 de xullo

  • 23:00 Actuación da Agrupación Cultural Xunco. Praza do Concello.

Martes 16 de xullo

  • 22:30 Actuación do grupo OS DE AQUÍ. Praza do Concello.

Mércores 17 de xullo

  • 20:00 Aula aberta de ioga con Vanessa Guisande. Parque da Gándara.
  • 21:30 Actuación do Coliño Bailongo. Parque Raíña Aragonta.
  • 22:30 Baile de Salón. Patricia Martínez e alumnas/os. Parque Raíña Aragonta.

Xoves 18 de xullo

  • 22:00 XXIV Festival Folclórico. Parque Raíña Aragonta
    • Grupo Folclórico Xunco
    • Grupo Folclórico Castro Barreiro
    • Grupo Folclórico O Serán
    • Grupo Folclórico “O Freixo” de Entenza
    • Grupo de Gaitas Airiños do Caselas

Venres 19 de xullo

  • 18:00 Festa da Escuma. Praza do Concello
  • 23:59 V Festival Vaia Cristo. (Coorganiza ACDE Treze Catorze). Antigo Matadoiro.

FESTAS DO CRISTO DAS ANGURIAS

Sábado 20 de xullo

  • Dirt Track (Organiza Entroido A Feira). Campo das Curuxeiras.
  • 20:00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
  • 22:00 X Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
  • 23:00 Verbena co Grupo La Nave
  • 23:59 Actuación de Susana Seivane

Domingo 21 de Xullo

  • 11:45 VIII Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
  • 12:45 Misa cantada pola Coral Polifónica de Santa María de Salceda
  • 13:30 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
  • 21:00 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
  • 22:00 Verbena con Grafitti e La Dimensión

Luns 22 de xullo

  • 21:30 Clase aberta de Zumba con Noelia Rodríguez
  • 22:30 Verbena coa Orquestra La Estación e Grupo Nebraska

OUTRAS ACTIVIDADES

  • Exposición Meninas en Flor (Concello de Ponteareas)
    • Do 1 ao 15 de xullo no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura Castelao
  • Feira Medieval. (Organiza Acisa)
    • Do 5 ao 7 de xullo. Praza do Concello.
  • Carnaval de Verán. (Organiza Asociación Nós Somos Nós)
    • 5 de xullo. Torreiro de Sta. María.
  • V Torneo de Fútbol Sala “Vila de Salceda”
    • Do 15 ao 19 de Xullo na zona deportiva de Altamira
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies