spot_img
InicioBaixo MiñoConcerto de Susana Seivane en Tui

Concerto de Susana Seivane en Tui

Susana Seivane actuará o próximo sábado, 6 de xullo, en concerto en Tui. Será ás 22.30 h na rúa Compostela dentro do programa Musigal Son Tradición

 O próximo sábado, 6 de xullo, ás 22.30 h na rúa Compostela ofrecerá un concerto Susana Seivane dentro do programa Musigal Son Tradición.

No concerto canda a Susana Seivane actuarán Miguel González, saxo; Rubén Deschamps, guitarra e mandolina; Carlos Freire, batería e percusión tradicional e Iago Rodríguez, baixo eléctrico.

Concerto de Susana Seivane en Tui

Susana Seivane interpretará, xunto a súa banda, temas do seu último traballo “FA”, publicado o pasado mes de setembro, un disco intimista, romántico, inspirador e tenro. Pero tamén repasará outros temas da súa longa carreira musical, todo nun espectáculo fresco e orixinal.

Susana Seivane naceu no seo dunha das familias con máis prestixio e sona no mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia. Con 3 anos da man do seu pai iniciou a súa andaina musical, na que influíron mestres coma o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas. Ao longo dos anos desenvolveu un estilo xenuíno e propio, aberto ao legado e influencias doutras músicas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.