Inicio Pontevedra O Morrazo Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían en Bueu os filmes do...

Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían en Bueu os filmes do Festival de Curtas

Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia avalían en Bueu os filmes do Festival de Curtas O guionista Alejo Flah, o cofundador do Clermont ISFF Antoine López e a experta Sara Masanet forman o xurado internacional

Especialistas de Arxentina, Francia e Valencia áchanse esta fin de semana en Bueu para pasar dous días visionando os 23 filmes da Sección Internacional do FICBUEU, que celebrará a súa duodécima edición entre o 6 e o 14 de setembro. Alejo Flah, realizador e guionista arxentino; Antoine López, cofundador do Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, e Sara Mansanet, directora do certame de mediametraxes La Cabina, serán os encargados de seleccionar despois as obras gañadoras da Ánfora de Ouro, da Ánfora de Prata e dos once premios técnicos, mentres que para as mellores curtas galega, española e experimental haberá un xurado diferente, así como para os premios a centros educativos.

Alejo  Flah guionizou e dirixiu os filmes Taxi a Gibraltar, cun elenco encabezado por Dani Rovira, e Sexo fácil, películas tristes, protagonizada por Ernesto Alterio, Quim Gutiérrez e Marta  Etura. Tamén escribiu os guións da miniserie Vientos de Agua ou das películas Séptimo e La adopción. Ademais, ten impartido formacións en escolas de cinema de España, Cuba e Arxentina. Nestes intres, atópase preparando a súa terceira película.

O arxelino Antoine Lopez realizou estudos científicos e de historia da arte en Francia, onde en 1979 acabaría sendo membro fundador do Festival de Curtametraxes de Clermont-Ferrand, o maior evento dedicado ás curtas a nivel mundial, que coorganizou ata 2013. Dirixiu pezas cinematográficas moi variadas, como Rodolfo Traviata, le film; Lieux  communs ou Traverses, seleccionada en máis de corenta festivais. Como cartelista, traballa canda Isabelle Pio baixo o pseudónimo Bologo e, ademais, ofrece conferencias como especialista en animación.

Sara  Mansanet é a responsable da aula de Cinema da Universitat de València e directora do Festival Internacional de Mediometrajes La Cabina, un dos dous únicos certames europeos dedicados a filmes de entre 30 e 60 minutos. Licenciada en Historia da Arte, en Cinema Jove iniciouse na produción audiovisual e, mais recentemente, traballou na longametraxe La Banda ou na curta La buena fe. Como especialista en cine, colabora entre outras coa radio pública valenciana e é produtora asociada da serie de televisión documental Terres de Cinema

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies