spot_img
InicioBaixo MiñoO Club de remo Miño Seta consegue dúas medallas na regata 'Copa...

O Club de remo Miño Seta consegue dúas medallas na regata ‘Copa Presidente da República’ celebrada en Caminha

o-club-de-remo-mino-seta-consegue-duas-medallas-na-regata-copa-presidente-da-republica-celebrada-en-caminhaDúas medallas levou o Club de remo Miño-Seta na accidentada regata ‘Copa Presidenta da República’ celebrada o domingo pola tarde en Caminha. Unha medalla de prata no oito veterano e unha de bronce para o catro scull absoluto feminino remado por tres cadetes e unha xuvenil de primeiro ano. Un carto posto foi para o oito absoluto representado por un equipo moi novo.

Onte domingo, sobre as cinco da tarde, celebrouse a regata de remo Olímpico, Copa Presidente da Republica portuguesa, organizada polo Sporting Club Caminhense.

Unha tarde de moito vento que fixeron perigar a celebración da regata debido ao mal estado do rio. Unha hora atrasáronse as saídas esperando que acougase o vento. Aínda así, despois desa hora de atraso, as cousas non melloraron moito dándose a saída dos Oitos veteranos.

Os representantes do Miño-Seta, saíron pelexando coas tripulacións de Caminha e Remadores do Lima en dura loita polas medallas. O club Caminhense afundiríase a metade de regata debido ao mal estado da pista. Todos os demais botes entraron cheos de auga e a piques de afundirse tamén. As medallas serían para o VRL en primeira posición, seguido do Club remo Miño-Seta, e en terceira posición entraría GINASIO FIGUERENSE.

Pouco despois daríase a saída do Catro Scull absoluto feminino, onde o Club de remo Miño-Seta, participaría cun catro Scull formado por tres deportistas da categoría cadete e unha xuvenil de primeiro ano. Durante a regata, as remeiras de Caminha colleron a vantaxe seguidas do bote do Club de remo Miño-Seta, que souberon pelexar ata case o final de regata nesa posición, cedendo o segundo posto ás representantes do VRl que superaron ás nosas mozas e relegándoas á terceira posición pouco antes da meta. Aquí tamén o bote estaba cheo de auga, o que dificulto ás nosas novas remeiras, posiblemente o pelexar un pouco máis.

Xa na categoría absoluta, tamén un equipo novo e sen experiencia, pero que pelexaron como jabatos ata a última estropada co bote semi afundido, e onde viron perigar o chegar a meta debido ao mal tempo. Sen ningunha dúbida unha experiencia inesquecible para estes novos remeiros que representaban a categoría absoluta, pero sendo a maioría xuvenís, un cadete, e mesmo un infantil onde conseguirían entrar en cuarta posición.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.