spot_img
InicioBaixo MiñoMáis de 700 deportistas, de todas as idades, encheron de color as...

Máis de 700 deportistas, de todas as idades, encheron de color as rúas de Tomiño esta fin de semana

Máis de 700 deportistas, de todas as idades, encheron de color as rúas de Tomiño esta fin de semanaO Duatlón Popular contou coa participación de 300 rapaces e rapazas procedentes das catro provincias galegas. O Desafío Terras de Turonio rozou os 400 ciclistas

Tomiño acolleu esta fin de semana dúas probas deportivas de releve. ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) coa colaboración do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Triatlón (Fegatri), organizou o IV DUATLÓN POPULAR DE TOMIÑO, que se celebrou o sábado pasado.

Na categoría absoluta este cuarto duatlón, as persoas inscritas roldaron as 120, aínda que participaron 94, e no duatlón escolar, 277 na final galega, repartidas nas distintas categorías: benxamíns, alevíns, infantil e cadete

A proba, consistiu en primeiro lugar,nunha carreira a pé e, seguidamente, un circuito en bicicleta, con diferentes distancias, segundo a categoría
A saída foi para todos na rúa Colón, e a zona de transición e meta, na Rúa Daniel Calzado Poceiro.
A entrega de trofeos celebrouse na Praza do Seixo, literalmente abarrotada de xente, moitos familiares dos nenos e nenas participantes, e público en xeral.

Por outro lado, o domingo celebrouse o IV Desafío Terras de Turonio, maratón BTT por parellas organizada por Team Relay (con colaboración do Concello), unha proba non competitiva que tivo dúas modalidades: longa distancia (113 km) e ruta corta individual (67 km)., á que se apuntaron preto de 350 ciclistas de diferentes idades.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estivo situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberon afrontar un trazado de 104 quilómetros, polas serras de Argallo e da Groba.

Na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, e tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha data destacada no calendario a nivel nacional.

A beleza do percorrido e o reto de completar unha proba destas características animou a apuntarse a case 400 deportistas galegos e tamén  varios de Portugal, Castela-León e Asturias, etc.

- Publicidade -spot_img