spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO clarinetista Raúl Reyes presenta o seu primeiro disco

O clarinetista Raúl Reyes presenta o seu primeiro disco

O clarinetista Raúl Reyes presenta o seu primeiro discoAcompañado do alcalde, Agustín Reguera, Raúl Reyes presento esta mañana no Concello de Soutomaior o seu primeiro disco, “ Clarinet Recital”.

O músico de Soutomaior, ofrecerá en primicia o novo álbum aos seus veciños nun concerto gratuíto no multiusos de Arcade, o vindeiro venres 13 de agosto cun dobre pase ás 21:00 e 22:00 horas.

O mozo clarinetista iniciouse no mundo da música ingresando na Banda de Música Artística de Arcade. Tras varios anos de estudos, durante o pasado ano comezou a participar en diferentes concursos de discográficas, que por mor da pandemia realizábanse de forma telemática, sendo seleccionado pola marca Orpheus para o lanzamento deste album.

O clarinetista comezou a súa carreira na Banda de Música Artística de Arcade

O novo disco estará dispoñible nas principais plataformas nas próximas semanas e, segundo indica Reyes, “está cheo de momentos de tranquilidade. É música lixeira, apracible e íntima. Apta para todos os públicos que queiran gozar da música dunha forma relaxada”.

Durante a presentación do disco, o alcalde desexou o maior dos éxitos a Raúl na súa carreira, que agora continuará como membro dunha orquestra filarmónica na cidade de Göteborg, en Suecia. “Ter un músico deste nivel no concello, e que aínda por encima comezase a súa carreira na artística de Arcade, non só é un luxo e unha honra, senón que ademais demostra o gran traballo que esta banda fai pola educación musical nos mozos”, destacou Reguera.

Do mesmo xeito, Reyes tamén destacou a importancia da Banda Artística de Arcade. “En especial a figura de Carlos Abal, fundamental na miña formación tanto musical como persoal. Os recordos do inicio na artística de Arcade acompañaranme sempre co máximo agarimo”, finalizou o intérprete.

- Publicidade -spot_img