Inicio Baixo Miño O ciclo de música 'Camiño de Cantares' arranca o vindeiro domingo no...

O ciclo de música ‘Camiño de Cantares’ arranca o vindeiro domingo no Mosteiro de Oia

Os trámites para a rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de Oia comenzarán proximamenteEstá incluído en ‘O teu Xacobeo’, o programa da Xunta para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación de Camiño de Cantares nun acto que se levou a cabo na Cidade da Cultura e no que tamén estivo presente a directora de comunicación deste ciclo, Nieves García Soto, e o director xeral de CLUN, Rafael Prieto.

Camiño de Cantares é unha iniciativa musical promovida pola Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera composta por oito concertos e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo.

A programación do ciclo arrancará este domingo ás 20,00h. no Mosteiro de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis, un coro masculino de música vogal, que interpretará composicións medievais nos que o Camiño de Santiago ou a figura do Apóstolo cobran especial protagonismo.

Esta iniciativa, tal e como precisou Anxo M. Lorenzo, forma parte dos máis de 350 proxectos de O teu Xacobeo impulsados pola Xunta para colaborar na difusión dos valores do Camiño de Santiago grazas a unha achega global de 4,7 millóns de euros. Así, grazas a esta colaboración, a Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera levará a música relixiosa e paralitúrxica a diferentes localidades galegas que forman parte do Camiño como Oia, Allariz, Fisterra, Negreira, O Saviñao, Caldas de Reis, Oseira e Cea. Todos os concertos terán lugar en igrexas, mosteiros e capelas de gran beleza patrimonial.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies