Inicio Val Miñor Gondomar Miguel Indurain e Aida García participarán na tradicional marcha que organiza o...

Miguel Indurain e Aida García participarán na tradicional marcha que organiza o Club Ciclista Gondomar

Concello de Gondomar​ acollerá a próxima semana a tradicional marcha cicloturista que organiza o Club Ciclista Gondomar, en colaboración co Concello. Nesta edición, que cumpre vinte anos,Gondomar acollerá a próxima semana a tradicional marcha cicloturista que organiza o Club Ciclista Gondomar, en colaboración co Concello. Nesta edición, que cumpre vinte anos, terá como padriño ao exciclista profesional Miguel Indurain e madriña á triatleta Aida García.

Ambos apadriñarán esta proba que coincide co 25 aniversario do nacemento do Club Ciclista Gondomar, que sumou desde a súa orixe 70 integrantes. Todos eles formarán parte do pelotón que cubrirá o roteiro cicloturista, un percorrido de 100 quilómetros que o próximo día 8 de setembro discorrerá por diferentes localidades do Val Miñor e Baixo Miño, con saída e meta en Gondomar.

A proba, como nas anteriores edicións, estará aberta por centos de afeccionados a este deporte con longa tradición na zona e que poderán inscribirse ata o próximo día 5 na páxina web do club clubciclistagondomar.org, cun tope de participación que podería chegar ata o medio milleiro de participantes.

Miguel Indurain e Aida García participarán na tradicional marcha que organiza o Club Ciclista Gondomar

O alcalde da localidade Paco Ferreira, afeccionado tamén a este deporte, afirma que “desde o noso goberno apostamos claramente por iniciativas como esta que van máis aló do apoio ao deporte, permiten manter no tempo unha longa tradición ligada ao ciclismo e a Gondomar como proban os 20 anos que cumpre o roteiro cicloturista, e as vodas de hora que celebra o Club Ciclista que leva o nome do noso municipio”.

Ferreira recoñece que será unha honra recibir na localidade a dous referentes do deporte como son Miguel Indurain e Aida García, “dous campións un exemplo de esforzo, capacidade de loita e tesón ao longo da súa carreira profesional, como acredita a súa palmarés.”

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies