spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Centro Cultural de Mañufe en Gondomar, acolle a presentación do proxecto...

O Centro Cultural de Mañufe en Gondomar, acolle a presentación do proxecto documental ‘Eu tamén necesito amar’

o-centro-cultural-de-manufe-en-gondomar-acolle-a-presentacion-do-proxecto-documental-eu-tamen-necesito-amar

O próximo sábado, día 10 de decembro, realizaremos un acto de presentación do proxecto documental EU TAMÉN NECESITO AMAR no auditorio do Centro Cultural de Mañufe (Gondomar).

Este acto está presentado por OLLOMOL AUDIOVISUAL de Gondomar e a asociación cultural O FAIADO DA MEMORIA de Vilagarcía de Arousa e conta co patrocinio da DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA dentro do seu “ano Castelao”.

O Centro Cultural de Mañufe en Gondomar, acolle a presentación do proxecto documental ‘Eu tamén necesito amar’

O acto contará coa presentación en vivo do “porqué” da realización deste documental e do espazo no que se desenvolve. EU TAMÉN NECESITO AMAR trata de mostrar a vida íntima das mulleres nunha España, Galicia neste caso mais concretamente, trala guerra civil, e o díficil xurdir, nese contexto, dos sentimentos sexuais que comenzan a aflorar nos seus corpos e que teñen que ser reprimidos, en boa parte, pola sociedade política e relixiosa que as rodean e que tamén van a nacer naquel momento: a dictadura.

A presentación correrá a cargo da persona que o está levando a cabo, Antonio Caeiro que, ainda que vive en Vilagarcía, é natural de Gondomar, e contará coa presencia dos membros da productora gondomareña e parte das testemuñas desta zona do Val Miñor.

Podedes ter información de como se vai realizando o proxecto no blog https://eutamennecesitoamar.wordpress.com/

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.