spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán restaura o reloxio de sol polar ubicado fronte a “fonte seca”...

Nigrán restaura o reloxio de sol polar ubicado fronte a “fonte seca” de praia América-Lourido

A peza, pouco común ao apuntar cara a estrela polar e carecer de agulla, permanecía totalmente descoidada no seu entorno.

O Concello de Nigrán ven de restaurar, reorientar e por en valor o reloxio de sol polar ubicado fronte a “fonte seca” de praia América-Lourido. A actuación enmárcase no convenio de 13.300 euros asinado co ente provincial para mellorar o Sendeiro Azul que discorre polo areal ata Panxón.

Así, xunto ao traballo de restauración da citada fonte  e o seu entorno recuperouse esta peza labrada en pedra que estaba prácticamente abandonada nesta misma área e que agora preside un espazo recén axardinado. Trátase dun reloxio solar polar “en escocia” (a escocia é o arco sobre o que se proxecta a sombra, que ten marcadas as horas) e que carece de agulla. Denomínase polar porque debe apuntar cara a estrela polar, pero ata agora permanecía mal orientado cara o Este ao estar prácticamente abandonado entre cascotes. Como particularidade, carece de agulla, xa que a hora a marca a sombra do sol sobre o arco. Os traballos incluiron a limpeza da pedra, remarcado das horas, reubicación…

“Queremos protexer ao máximo o noso patrimonio e darlle o valor que merece, é incomprensible que esta peza tan singular permanecese prácticamente abandonada”, sinala o alcalde, Juan González (na foto a dereita)

Nesta liña, un panel informativo ao seu carón recollerá a información básica sobre o reloxio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.