spot_img
InicioVal MiñorGondomar'Tecendo Lazos' leva a Gondomar talleres para maiores e pequenos

‘Tecendo Lazos’ leva a Gondomar talleres para maiores e pequenos

coas-mans-nos-pucheiros-actividade-de-nadal-para-achegar-a-avos-pais-e-fillos-en-tomino

A Concellería de Xuventude  que dirixe Nuria Lameiro a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)  organizan nas datas de nadal un taller para nenos, nenas e adultos no Centro Neural de Gondomar. O taller titulase “Risas en familia” e forma parte do programa da Deputación de Pontevedra “Tecendo Lazos”.

O taller será  impartido por monitores o longo de catro días e en horario de mañá. Os nenos e nenas menores de trece anos deberán estar acompañados por un adulto, mentras que os que superen esta idade poderán asistir coa autorización dos seus titores.  O taller está dirixido a tódolos membros da familia: nenos e nenas, pais e nais e avós e avoas. Entre as actividades que se organizarán falarase da historia do municipio, da súa evolución, das suas lendas e contos e  animarase a que os participantes aporten imaxes de Gondomar para unha vez finalizado o taller crear un libro con todos esos detalles compartidos.

A información de inscripción e as datas estarán dispoñibles na oficina da OMIX,  na Casa da Cultura a partir do día 12 de este mes. Tamén no número de teléfono 986 369 746 ou no correo omix@concellodegondomar.com

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.