spot_img
InicioPontevedra e Área100 anos da lei de Parques Nacionais de España

100 anos da lei de Parques Nacionais de España

parque-nacional-das-illas-atlanticas-entra-no-top-100-de-destinos-turisticos-sustentables-do-mundo

O 8 de decembro de 1916 foi aprobada a lei de Parques Nacionais de España, a cal foi pioneira no mundo.

Esta lei serviu para que no ano 1918 declarásense os Parques Nacionais de Covadonga, actual Picos de Europa, e de Ordesa. Desde entón o número de Parques Nacionais en España incrementouse ata alcanzar os 15 actuais, os cales se atopan distribuídos por toda a xeografía española.

Uns Parques son grandes outro pequenos pero todos albergan destacados valores ecolóxicos que fan únicos a biodiversidade que protexen. Os Parques Nacionais son verdadeiras obras de arte ambientais cuxa integridade debemos conservar.

En Galicia gozamos dun, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Este Parque Nacional español comprende as illas galegas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Ten unha extensión de 1.194,8 ha terrestres e 7.285,2 ha de superficie marítima. Constitúen o décimo parque nacional máis visitado de España. É o único Parque Nacional de Galicia, e o décimo terceiro en orde cronolóxica de España.

O 13 de xuño de 2002 foi declarado como parque nacional. Con todo, 6 meses despois, a marea negra provocada polo naufraxio do petroleiro Prestige chegou ás súas costas, salvo ás da illa de Cortegada. As illas Sisargas e Lobeiras poderían ser incluídas no parque no futuro.

- Publicidade -spot_img