spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Camiño Portugués da Costa pola Guarda estrea nova marca

O Camiño Portugués da Costa pola Guarda estrea nova marca

O Concello da Guarda segue apostando por darlle pulo e o valor que merece a un tramo do Camiño que garda un gran potencial, e deseña unha imaxe propia na que aparece representado o noso mar, o Monte Trega e por suposto a cuncha do Camiño na súa vertente máis antiga. Porque ademais de beleza o Camiño Portugués da Costa ten moita historia.

O Camiño Portugués da Costa iníciase na cidade de Porto (Portugal), recorre a costa norte portuguesa, cruza en Caminha o río Miño cara a Galicia pola Guarda e termina en Redondela, onde entronca co Camiño Portugués Interior. Xa no ano 2000 encárgase un estudo sobre a fundamentación histórica desta variante do Camiño, para acabar sendo recoñecido polo Parlamento de Galicia no 2009. No 2011 abre as súas portas o albergue municipal e, xa por fin, no 2016 consegue a súa oficialidade coa publicación da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Desde que a Oficina do Peregrino en Santiago comeza a contabilizar o número de persoas que realizan este itinerario (2016), e ata o ano no que se desencadeou a pandemia, o crecemento de paso de peregrinos polo Camiño Portugués da Costa foi exponencial

En 2016 pasaron 2.600 peregrinos; en 2017 foron 7.329, en 2018 chegouse a 13.841 e en 2019 xa contamos con 22.291. Estes datos destacan a importancia deste recurso co que contamos na vila, que xa demostrou ser un auténtico revulsivo económico que permite a un pobo costeiro como o noso axudar a desestacionalizar a súa recepción de visitantes e polo tanto mellorar a súa economía. Lembremos que os peregrinos compran no comercio local, consomen na hostalería, gastan no sector servizos e pernoitan en albergues e establecementos hostaleiros privados.

Increméntase notablemente o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da CostaPor todas estas razóns desde o Concello consideran que as administracións deben poñer todos os recursos posibles para seguir coidando e promovendo este Camiño, tan importante non só para A Guarda, senón para todas as pequenas vilas polas que pasa e para as que o Camiño é vida, economía e difusión. Por desgraza, lamentan desde a institución local, que non todas as administracións actúan correctamente, concretamente Portos de Galicia continúa facendo oídos xordos ás peticións goberno local e confirmou fai uns días que a plataforma de atraque do ferri que comunica Caminha coa Guarda non estará arranxada para o paso de vehículos nin sequera para o verán. Polo que é bastante probable que o ferri siga sen funcionar durante máis tempo, porque nesta modalidade e sen o transporte de vehículos a motor, non lles resultará rendible poñelo en funcionamento.

Unido a isto, hai unhas semanas puidéronse ler as declaracións da Xunta felicitando a Portugal por recoñecer unha variante do Camiño Portugués dá Costa que xa non cruza pola Guarda, senón que prosegue pola beira do río ata cruzar en Tui, “polo que teremos que agradecerlle á Xunta que este verán teñamos por centos de peregrinos confundidos na rutay opten por seguir por Portugal e non pasar pola Guarda”

Desde o Concello informan que ademais da creación desta propia imaxe teñen previstas diversas actuacións, como a organización de actividades cos centros educativos e asociacións para que coñezan e sexan quen de poñer en valor o noso Camiño. A redacción dun proxecto técnico que ten como obxectivo embelecer determinados puntos que presentan carencias a nivel estético e que actuará tanto a nivel forestal como de obra. Presentación no mes de maio dun documental onde aparece o tramo da Guarda. E a colocación nun espazo singular do Camiño dunha escultura na que están traballando desde a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra,  ademais instalaranse novas zonas de descanso en puntos estratéxicos, así como outras dúas figuras en madeira dunha peregrina e un Apóstolo Santiago que serán cedidas pola Comunidade de Montes da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.