spot_img
InicioAlto MinhoO bo tempo acompañou a segunda proba do Open de España de...

O bo tempo acompañou a segunda proba do Open de España de Enduro Big Ride Eurocidade

segunda-proba-do-open-de-espana-de-enduro-cannondale-big-ride-powered-by-rotor-eurocidade

O portugués do equipo BH Gravity Team, José Borges conseguiu a vitoria na segunda proba do Open de España de enduro celebrada en Tui e Valença e sitúase líder do open, do mesmo xeito que a estoniana Maaris Meier.

Este domingo disputouse na Eurocidade Tui-Valença a segunda proba do Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor, onde 200 corredores déronse cita, baixo un día espléndido, para disputar no monte Aloia e no Monte Faro a Big Ride Eurociade.

A xornada comezaba ás 9:30 da mañá no paddock da Macoca e os corredores encamiñábanse cara ao Monte Faro en Valença para encarar o Tramo 1, un tramo longo de aproximadamente 4km e que foi o que marcou o desenvolvemento de toda a proba, xa que foi neste tramo onde o portugués José Borges marcaba o mellor tempo deixando aos seus rivais a 7 segundos, unha vantaxe que administrou aos longo dos tramos que xa discorreron por terras galegas do Monte Aloia.

Unha proba a Eurocidade que segundo os propios corredores consistía en “2 tramos longos e moi técnicos e 2 tramos curtos e divertidos”.

segunda-proba-do-open-de-espana-de-enduro-cannondale-big-ride-powered-by-rotor-eurocidade

Con esta vitoria José Borges e tras a ausencia do tamén portugués Emanuel Pombo vístese co malliot de líder deste Open de España de Enduro e que tras finalizar a proba comentaba “un dos seus obxectivos este ano é gañar o Open de España de Enduro”e hoxe en Eurocidade a clave foi “a técnica e o pedaleo nuns tramos longos que me gustan”

Borges estivo acompañado no pódium polo catalán Pol Romeu (The Bike Village-Giant) e o cántabro José Antonio Dez Arriola, un Arriola que chegaba con confianza a Tui e xa sinalaba ao comezo do día que “o tramo 1 sería o tramo complicado deste Big Ride” e que o seu obxectivo era “acabar entre os 5 primeiros clasificados”.

Pola súa banda Pol Romeu mostrábase contrariado porque unha caída no barro no tramo 1 afastoulle da vitoria final e sinalaba “nunca me gustou quedar segundo e menos como foi hoxe” pero por outra banda estaba contento “por ser o primeiro español clasificado”.

Tamén hai que destacar a actuación do raider local, o tudense Rubén Rodríguez e actual líder do Open Galego de Enduro, do equipo Intense que logrou acabar en 4 posición a tan só 2 segundos de Arriola e que foi capaz de superar os problemas tidos no tramo 2.

segunda-proba-do-open-de-espana-de-enduro-cannondale-big-ride-powered-by-rotor-eurocidade

No apartado feminino a andaluza Miriam Alcántara de Cannondale acabou en terceira posición por detrás de Marketa Michalkova e a vencedora de Big Ride Eurociade a estoniana Maaris Meier que do mesmo xeito que Borges ponse líder do Open de España de Enduro e sinalaba que “Big Ride Eurocidade é a súa proba favorita de todo o Open de España” e que “gustoulle o tramo 3 por ser o máis rápido de todos”.

Hai que destacar a gran actuación do corredor catalán Master 40 Carles Barcons, unha lenda do Mountain Bike nacional, que logrou acabar nunha meritoria 5 posición da xeral, marcando o mellor tempo no complicadísimo tramo 3 e que ao finalizar mostrábase “supercontento por poder gañar o tramo 3, un tramo moi completo e físico, no cal me fun crecendo a medida que ía baixando”. Un Carles Barcons que estivo acompañado no pódium por Karim Amour.

Esta edición do Big Ride Eurocidade estivo marcada polo bo tempo e un circuíto técnico e divertido con 4 tramos cronometrados nun percorrido de case 50km e 1800 metros de desnivel acumulado e onde a calidade dos corredores tanto nacionais como internacionais estivo presente.

O Open de España tras un fin de semana en terras galegas e portuguesas segue o seu camiño e a próxima parada será no mes de xuño os días 25 e 26 en Morella na Comunidade Valencia, pobo da provincia de Castelló e que é cruzamento de camiños, entre o Val do Ebro e o Mediterráneo, enlazando Cataluña, Aragón e Valencia, e que é a nova sede deste ano do Open de España de Enduro.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.