spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Barbeira Season Fest crea o seu propio hotel pop up no...

O Barbeira Season Fest crea o seu propio hotel pop up no centro de Baiona, o primeiro de Galicia

O Barbeira Season Fest crea o seu propio hotel pop up no centro de Baiona, o primeiro de GaliciaO hotel, intervido por máis de 30 artistas galegos, convértese, ademais, noutro dos espazos para realizar actividades do festival que arrinca o día 31

Revista COUSAS DE nº14

A organización do Barbeira Season Fest de Baiona non deixa de xerar contido ao redor do seu festival. Se o ano xa pasado xa sorprenderon coa creación do “restaurante máis pequeno do mundo”, que este ano a tomado vida propia e que esgotou as reservas en tan só dúas semanas, para esta edición puxeron dúas novas actividades paralelas.

A primeira da propostas é un hotel pop up situado no centro de Bayona. O “Hotel Bayona” convértese no “Hotel Season-Zentolo”. A organización pechou o emblemático establecemento situando no centro urbano para pasar a propoñerlle a máis de 30 artistas galegos que o interveñan de maneira creativa. Artistas plásticos, deseñadores gráficos, escritores, fotógrafos… tiveron manga ancha para decorar as 33 habitacións do hotel coas súas creacións.

Ademais, durante os días do festival, o hotel converterase noutro dos espazos craves do evento. O domingo día 4, día no que se pechará esta cuarta edición, o público en xeral poderá visitar o hotel e gozar nas súas habitacións de microconciertos, degustacións, proxeccións ou exposicións.

A organización informa que, aínda que o “Hotel Season-Zentolo” xa ten as reservas completas, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa organización por se, de fronte ao festival, quedasen ocos libres.

As “Charlas en Chanclas”

Outra das actividades postas en marcha este ano son as “Charlas en Chanclas”, un ciclo de conferencias que poñerá en relación a música con distintas disciplinas.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez ou Jorge Martí, da Habitación Vermella, confirman a súa participación nas “Charlas en chanclas” do festival

O venres día 2, na Casa da Navegación, ás 12:00h. celebrarase a charla “Música e literatura. Diálogos de conveniencia” para a que xa confirmaron a súa participación vos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez e Jorge Martí, vocalista de “A Habitación Vermella”, que presentará tamén o seu novo libro unha hora despois xunto á actriz Arantxa Treus. A charla de literatura, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e que conta coa colaboración da Librería Atlántica, da Guarda, estará conducida pola xornalista María Díaz.

O mesmo día, ás 16:00h., o xornalista Javier Becerra presentará os seus traballos “Atlántico. O disco da liberdade de Xoel López” e “Isto é rock!”. Despois, ás 17:00h., terá lugar a charla “Música e marcas. Mestúrate comigo” sobre como as marcas e os festivais retroaliméntanse. Contará coa participación de responsables de márketing de coñecidas marcas e moderará a charla a xornalista Rocío Carreiro.

Ademais, doutra banda, o Barbeira Season Fest, que ten como un duns obxectivos dinamizar económica e turisticamente a zona, organiza nesta cuarta edición actividades náuticodeportivas como bautismos de pádel surf e kajak, da man da empresa local Babysurf.

Venda de entradas para o festival

As entradas pódense comprar na súa web tanto por dia como o abono para gozar da “experiencia Barbeira” na súa totalidade. Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán comprar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto.

- Publicidade -spot_img