spot_img
InicioAlto MinhoIl Grande Piano: seduce ao público galego e portugues na Fortaleza de...

Il Grande Piano: seduce ao público galego e portugues na Fortaleza de Valença

 Il Grande Piano: seduce ao público galego e portugues na Fortaleza de ValençaEra das actuacións máis esperadas do IKFEM e non defraudou. Unha vez máis, “Il Grande Piano” converteuse nun espectáculo que cativou pola súa orixinalidade, pola acrobacia dos intérpretes que realizan cos seus pés un auténtico ballet saltando sobre as teclas brancas e negras do teclado instalado no chan, tocando un repertorio de música popular moi recoñecible polo público. Estes artistas son acróbatas de circo: Edoardo Ramojno e Silvia Zotto. O director, o luthier, Manuel Benyacar.

Revista COUSAS DE nº14

O espectáculo tivo lugar na Praza da República, na Fortaleza de Valença nunha sesión de tarde, á que seguiu, pola noite unha segunda na Praza de San Fernando da Catedral de Tui, esta vez enriquecida cunha nova aposta de iluminación.

“Il Grande Piano”, único no mundo é un enorme teclado feito a man que se instala no chan e tócase cos pés. É un proxecto musical fundado en 2011 pola compañía de espectáculos Faber Teatro en Cremona (Italia) e realizado por Manuel Benyacar, luthier arxentino residente en Italia desde 1987, quen, tras construír algúns violíns, comezou a traballar en robótica, electrónica e sistemas interactivos. Combinando todas as súas paixóns, creou o seu primeiro “Grande Piano” feito a man inspirado nunha escena da película BIG con Tom Hanks (1988), onde toca cos pés un gran piano nunha tenda de xoguetes en Nova York.

Desde 2011, os concertos de “Il Grande Piano” son moi numerosos grazas á difusión de vídeos virales en redes sociais (máis de 600 millóns de visitas), e a compañía comezou a actuar en todo o mundo. Il Grande Piano presentouse en Italia, Croacia, Austria, España, Alemaña, Luxemburgo, Macedonia, Rumania, Grecia, Singapura, Dubai, Abu Dhabi, México, Corea do Sur, Tailandia.

- Publicidade -spot_img