spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Artelixo desconfínase e sae a rúa en Redondela

O Artelixo desconfínase e sae a rúa en Redondela

O Artelixo desconfínase e sae a rúa en RedondelaDespois de ter adiado a edición que estaba prevista para finais de abril, por mor da alerta sanitaria polo coronavirus, o Concello de Redondela retoma a convocatoria para celebrar o ArteLixo 2020, con exposicións de obras nas rúas da vila e parroquias e tamén nos escaparates do comercio local e na sala 2 do multiúsos da Xunqueira, entre o 31 de maio ao 14 de xuño

Entre as novidades desta edición resalta a restauración dun mural situado na parte de atrás da igrexa de Redondela elaborado hai mais de vinte anos e para cuxa restauración contamos cunha das artistas que o realizaron e fará posíbel que sexa reinugurado o día 31 de maio, durante a presentación do ArteLixo 2020. Durante a reinauguración do mural, que representa a Coca, contar cun obradoiro de Artelixo para cativos e cativas.O Artelixo desconfínase e sae a rúa en Redondela

Artelixo tamén retoma a sección “O Arte non ten cancelas”, que consiste en convidar a artistas a que interveñan un portal ou ventá fóra de uso coa imaxe dunha rata, símbolo do Artelixo, feitos con diferentes técnicas.

O certame está organizado na actualidade polo colectivo ArteLixo coa colaboración da Concellería de Cultura

E xa por último, durante a xornada de clausura do Artelixo, o 14 de xuño, terá lugar na parroquia de Reboreda a presentación do disco do Artelixo, proxecto no que levamos anos traballando. Un disco que busca celebrar e concienciar a veciñanza, unha vez máis, na importancia da xestión do lixo e do consumo consciente.

O resultado é un CD con 37 cancións na que e voltamos a involucrar as músicas e músicos da vila, das parroquias e da comarca. E tamén algúns artistas foraneos mais sensibles ao proxecto do ArteLixo. Un recopilatorio cheíño de diferentes estilos musicais con máis de duascentas persoas involucradas no proxecto, que comezamos a gravar a finais do ano 2019 entre o local de ensaio do Concello e estudos particulares.O Artelixo desconfínase e sae a rúa en Redondela

A presentación consistirá en varios concertos dalgúns grupos participantes polas parroquias, para rematar cun gran concerto con todas as participantes no CD (ou as máis posibles) no prado do Carballo das cen pólas, en Reboreda. En principio será durante a xornada de clausura desta edición do Artelixo, o 14 de xuño, mais esta data está aínda pendente de confirmación según como vaia evolucionando a alerta sanitaria pola Covi’D 19.

Tamén se esta a traballar na edición dun libro cos textos que foron recibindo para o ParnaLixo Confinado, un libro no que participan máis de vinde poetas e que se repartirá xunto co CD. Ducias de poemas asinados por plumas como Francisco Castro, Emma Pedreira, Tatán, Manolo Pipas, Uxía, Antolin Pulido, Luz Airado Bello, Ricardo de Barreiros, Olga Nogueira, Xoan Alonso, Olih etc.

PROGRAMA:

Dende o día 31 quedan abertas as exposicóns das obras presentadas polas rúas e prazas de Redondela e a exposición de obras de pequeno formato na sala dúas do multiusos da Xunqueira e nos escaparates do comercio local.

Domingo 31 de maio terá lugar o acto de inauguración do ArteLixo 2020

Ás 19h farase a reinauguración do mural da Coca na rúa Figueiral coa coautora Lucía Gonzalez que dirixiu a restauración actual co colectivo ArteLixo. Logo darase lectura ao manifesto do ArteLixo 2020 e haberá unha actuación musical. A continuación haberá un obradoiro de ArteLixo familiar na Casa da torre, onde se fará un mandala no chan, coordinado por Lucía Gonzalez, e usando anaquiños de cristais recollidos da limpeza de ríos de praias de Chapela coordinada pola Concellaría de mediambiente.

Durante a semana que dura o Artelixo faranse diferentes intervencións artísticas como “A ARTE NON TEN CANCELAS”, pinturas e colaxe en diferentes portas e xanelas de casas abandonadas da vila, e “POESÍA PARA PEÓNS”, escrita de poemas polos pasos de peóns.

Domingo 14 de xuño xornada de clausura do ArteLixoterá: a partir das 12h no Carballo das cen polas, na parroquia de Reboreda. Romaría popular durante toda a xornada coa presentación do CD colectivo do ArteLixo: unha xornada de concertos dos case corenta participantes no CD.

Todos o actos programados faranse seguindo as medidas sanitarias exixidas pola covid’19.

Dende a organización animan a participar con entusiasmo mais con moito sentidiño!

- Publicidade -spot_img