spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Mancomunidade do Val Miñor esixe un reforzo de costas de sanidade...

A Mancomunidade do Val Miñor esixe un reforzo de costas de sanidade acorde coa importancia da comarca

A Mancomunidade do Val Miñor esixe un reforzo de costas de sanidade acorde coa importancia da comarcaO presidente da Mancomunidade e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, considera “unha broma” que o Sergas destine 1 médico e un auxiliar para atender a unha poboación que se quintuplica durante o verán

O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gomez, esixiu onte á administración sanitaria da Xunta de Galicia que o coñecido como reforzo de costas de sanidade “contemple os efectivos necesarios para dar cobertura á veciñanza dunha zona que, durante a época estival, triplica a súa poboación” e que este ano mantén as súas previsións “malia que centradas fundamentalmente no turismo interior e de proximidade”, sinalou Gómez.

Eses datos contrastan coas previsións do Sergas de destinar, para os tres municipios da mancomunidade –Baiona, Nigrán e Gondomar– “1 médico/a e un/a auxiliar de enfermería” dato que foi cualificado polo rexedor baionés como “unha broma” que deixaría desprotexida, sanitariamente, á poboación dos tres concellos.

Carlos Gómez esixe que, cando menos, o Val Miñor conte durante a época estival “con 2 ou 3 equipos de reforzo” que permitan dar unha cobertura digna aos visitantes “pero sobre todo aos nosos veciños e veciñas”.

Ao mesmo tempo, dito reforzo contribuiría a “dar un respiro máis que merecido a un persoal sanitario que, nestes últimos meses, amosou unha capacidade de traballo e sacrificio moi por enriba do esixible e que agora precisan dun mínimo descanso”, engade Gómez.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.