Inicio Vigo e área Redondela O antigo Salón de Plenos do Concello de Redondela recuperará o pasado...

O antigo Salón de Plenos do Concello de Redondela recuperará o pasado esplendor e aspecto orixinal para ser utilizado como espazo multifunción

O antigo Salón de Plenos do Concello de Redondela recuperará o pasado esplendor e aspecto orixinal para ser utilizado como espazo multifunciónOs traballos, desenvolvidos polo alumnado do obradoiro para persoas mozas Redondela TIC, deixaron en evidencia “o estado de total abandono no que se atopaba este salón”

Alumnado do Obradoiro para persoas mozas ‘Redondela TIC’ da especialidades de ‘Carpintaría e Vernizado’, traballan na recuperación do antigo Salón de Plenos da Casa Consistorial de cara a que este espazo recupere o seu aspecto orixinal e poida ser utilizado como un salón multifuncional do que carece a Casa do Concello redondelá.

A recuperación deste Salón de Plenos era un dos proxectos que o Goberno local tiña en mente dende a súa chegada ao Concello. “Lamentablemente –subliña a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas– agora, co inicio das obras, comprobouse que o seu estado de deterioro era tal que facía imposible a recuperación de elementos orixinais como o solo ou o panelado das paredes, apolillados nun 80 % da súa superficie”.

Durante anos, este espazo foi lugar de celebración de todo tipo de reunións e sesións plenarias e, cos traballos a desenvolver e cunha rehabilitación integral, preténdese que recupere moitos dos seus elementos tradicionais como as lámpadas de madeira, mentres que o solo recuperarase utilizando madeiras nobles que contribúan ao realce do espazo.

Doutra banda, a antiga mesa de reunións, de máis de seis metros de longo e que estaba no máis completo dos esquecementos, recuperará o seu lugar orixinal tras ser restaurada polo alumnado o obradoiro.

Aínda que a recuperación busca devolverlle ao Salón de Plenos o seu antigo esplendor, non por iso deixará de estar dotado dun moderno sistema de climatización amais de todas aquelas tecnoloxías audiovisuais que permitan a realización de reunións e conferencias. Amais, o novo espazo, será adaptado ás normas de accesibilidade das que ata o de agora carecía.

Cómpre salientar que a última actuación realizouse hai 20 anos, cando instaláronse as bancadas para a realización dos Plenos. Unha vez rematados os traballos, explica a alcaldesa Digna Rivas, “a Casa do Concello disporá dun espazo axeitado, acorde á importancia de Redondela como cuarto municipio da provincia”.

A alcaldesa quixo tamén salientar a importancia do Redondela TIC, obradoiro dirixido a xente moza que estea incluída no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, “é que, ao longo de 12 meses, permitiralles acadar una cualificación profesional que facilite a súa inserción nun mercado laboral cada vez máis especializado e competitivo”.

Digna Rivas lembrou que, amais desta especialidade de Carpintaría e Vernizado, cuxo alumnado traballa na transformación do antigo Salón de Plenos, outros mozos e mozas participan na outra especialidade deste Redondela TIC que é a de Deseño web e Multimedia.

“Son –conclúe a rexedora redondelá– especialidades de alta demanda no mercado laboral coas que se busca mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral”.

Redondela TIC conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies