·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioGaliciaA Cidade da Cultura de Galicia reprograma o festival "Escenas do Cambio"...

A Cidade da Cultura de Galicia reprograma o festival “Escenas do Cambio” para maio ante a actual situación sanitaria

A Cidade da Cultura de Galicia reprograma o festival Escenas do Cambio para maio ante a actual situación sanitaria A organización traballa estreitamente no novo calendario coas compañías e artistas de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón

A Cidade da Cultura de Galicia levará ao vindeiro mes de maio a celebración do festival Escenas do cambio, previsto do 18 ao 21 de febreiro, debido ás limitacións sanitarias que afectan á organización dun evento internacional no que participan artistas e compañías procedentes de cinco países.

Co obxecto de garantir que o festival poida celebrarse con todas as garantías de seguridade e nas mellores condicións para artistas e público, trabállase estreitamente coas compañías e artistas (procedentes de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón) co obxecto de consensuar as datas máis axeitadas para esta sétima edición no vindeiro mes de maio.

A Cidade da Cultura agradece a colaboración e comprensión amosada por parte das e dos creadores participantes en Escenas do cambio 2021 e fai extensible este agradecemento ás institucións colaboradoras do certame: o Concello de Santiago, a Fundación Eugenio Granell, o INAEM, o Instituto Camões, o Institut français e o Institut Ramón Llul.

As datas concretas para celebración do festival, así como o día no que as entradas sairán a venda, comunicaranse tan pronto como a organización, as compañías e os artistas consensúen o calendario que se axeite as condicións óptimas para a celebración tanto desde o punto de vista sanitario como tendo en conta os compromisos xa establecidos para outras xiras e obras.

A Xunta de Galicia subliña o seu compromiso cun festival que cumpre a súa sétima edición e que, neste ano, estrea dirección dan man de Lola Correa, un certame que se ten consolidado como unha cita de referencia para a creación contemporánea no mundo das artes escénicas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies