Inicio O Condado Mondariz A Deputación inicia o proceso para a contratación da esperada musealización do...

A Deputación inicia o proceso para a contratación da esperada musealización do Castelo de Sobroso

A previsión do ente provincial, que destina 300.000 euros ao proxecto, é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán

A Deputación de Pontevedra da un novo paso cara a esperada musealización do Castelo de Sobroso ao aprobar, en Xunta de Goberno, o expediente de contratación cara a adxudicación do proxecto, que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. A previsión do ente provincial é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán, dotando con elas ao castelo dun equipamento museográfico actual e potenciando o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística.

Este ambicioso proxecto mergullará ás persoas visitantes na historia da fortaleza apoiándose nas tecnoloxías audiovisuais do século XXI. Deste xeito, a Deputación aposta por un modelo turístico baseado nas experiencias cunha ruta dunha hora de duración e con grupos reducidos que poderá realizarse en galego, castelán ou inglés. Durante o percorrido as e os visitantes coñecerán a historia do castelo a través de sete pezas audiovisuais e a súa visita rematará co acceso á terraza, que estará equipada con atrís con imaxes panorámicas para permitir identificar todos os filtros e elementos da paisaxe.

Un ambicioso e vanguardista proxecto de musealización devolverá ao Castelo de Sobroso todo seu esplendor medieval

O Castelo de Sobroso é un gran atractivo turístico da nosa provincia, que foi visitado en 2020 por preto de 11.000 persoas pese aos peches e as restricións derivadas da situación sanitaria. De feito, 3.500 destas visitas tiveron lugar entre xuño e agosto sumando máis que as realizadas durante o verán de 2019. Ademais, tras o confinamento, a Deputación integrou Sobroso no programa “Re-acción nos castelos”, que levou á fortaleza música, danza, teatro e obradoiros para nenas e nenos, enchendo o espazo de contido cultural seguro e esgotando todas as prazas dispoñibles.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies