·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioBaixo MiñoO Mosteiro de Oia publica a súa II Memoria de Sostibilidade relativa...

O Mosteiro de Oia publica a súa II Memoria de Sostibilidade relativa á súa actividade no 2020

O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet.O Mosteiro de Oia fai un ano tiña dous retos, avanzar nos pasos urbanísticos que permitan a súa rehabilitación definitiva, e seguir desenvolvendo una dinamización cultural única que seguira poñendo en valor un patrimonio de todos.

Malia o impacto do coronavirus, ambos obxectivos déronse por cumpridos no 2020 segundo a II Memoria de Sostibilidade que relata a actividade deses últimos doce meses.

O traballo do Mosteiro de Oia e o Concello, permitirá sentar as bases do marco urbanístico que permitirá o maior investimento da historia no municipio

O traballo conxunto entre o Mosteiro de Oia e o Concello, está a permitir sentar as bases do marco urbanístico que permitirá o maior investimento da historia no municipio oiense. Tras chegar a un acordo en outubro do 2019, ambas partes están a traballar de forma continua e coordinada por un obxectivo e proxecto común.

Ao mesmo tempo, a propiedade do cenobio interveu reforzando  parte dos tellados, renovándose portas principais de accesos e estancias, e finalizando o Centro de Recepción de Visitantes.

Especialmente importante foi a finalización do levantamento topográfico realizado con  tecnoloxía  fotogranométrica e  LaserScan, que ven a complementar un traballo topográfico anterior. Tras máis dun ano de traballo, este proxecto dixitalizou toda a construción cun nivel de precisión e detalle inaudito, sendo a base para a futura rehabilitación.

A torre do campanario e as campás do mosteiro de Santa María A Real de Oia

 

Ao mesmo tempo, púidose desenvolver unha programación cultural tan esperada como condicionada. As actividades culturais programadas dende o mes de abril ata novembro do 2020, tiveron que axustarse debido a crise sanitaria mundial. Finalmente poido levarse a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro. Houbo que adaptar a programación, axustar a capacidade, e aplicar estritamente as medidas marcadas polas autoridades. En todo caso, a estratexia estaba clara: non deixar de promover a cultura e a historia dende a seguridade necesaria. Así leváronse a cabo innumerables visitas guiadas, concertos ao solpor, conversas con referentes do mundo da investigación e o patrimonio, ou eventos inesquecibles como o SinSal Litoral ou A Emoción dos Viños. Máis de 3.400 visitantes no mes de agosto, dan conta do respaldo a estas iniciativas.

O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet

Afortunadamente, a pandemia non mudou a estratexia e capacidade do Mosteiro, baseada nunha sostibilidade económica, social, cultural e medioambiental. O detalle do traballo feito nestes catro eixos reflíctese na II Memoria de Sostibilidade, dispoñible en internet. Manter de forma continuada ese equilibrio entre eses aspectos, garantirá un proxecto singular, referente, e tractor, que espera ter o respaldo das administracións públicas dada a envergadura e impacto do mesmo.

A historia do Mosteiro comezouse a escribir no ano 1.149, e actualmente busca a través da súa posta en valor, ser un elemento dinamizador. Pouco a pouco estase a converter nun referente dun novo xeito de coidar o patrimonio, e de facer un turismo respectuoso que aporte riqueza á contorna.

Xoán Martínez, Director Xeral do Mosteiro de Oia: ‘Finalizamos un ano 2020 estraño pero que non conseguiu mudar a estratexia e a ilusión das accións fixadas a prol de rehabilitar o Mosteiro e dotalo de vida. Encaramos un ano 2021 moi importante, xa non unicamente pola complexidade dos pasos previstos senón polo que o Covid-19 poida condicionar. Seguiremos traballando por un obxectivo irrenunciable, e esperamos seguir sumando forzas para poder levalo ao cabo’.

A memoria pode ser descargada na páxina web do Mosteiro de Oia:

II Memoria de sostibilidade

 

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies