
O Concello de Baiona e o C.P.I. Covaterreña colaboraron conxuntamente para mostrar á sociedade baionesa o seu rexeitamento á violencia de xénero cunha exposición de carteis realizada polo alumnado do centro educativo. Os traballos están expostos na praza de abastos da vila e poderanse visitar desde hoxe ata o próximo día 3 de decembro en horario de 9:00 a 15:00h.
Esta mañá ás 13:00h o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado pola concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes, a directora do C.P.I. Covaterreña, e outros concelleiros da corporación, inauguraron a mostra que o alumnado realizou nas clases de educación plástica. Os estudantes quixeron cos seus debuxos achegar o seu granito de area na loita contra a violencia de xénero e mostrar así o seu rexeitamento.

A concelleira de Igualdade, Mª Carmen Paredes, durante o acto leu un manifesto de rexeitamento á violencia de xénero:
“A mocidade constitúe un grupo especialmente vulnerable á violencia de xénero, polo que é necesario que a mocidade identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces, toléranse ou xustifican.
A mocidade e a poboación adolescente deben contribuír de maneira singular ao fin da violencia contra a muller, e vemos con preocupación, como perciben a violencia de xénero, porque algunhas das súas relacións afectivas e sociais teñen comportamentos discriminatorios e inadmisibles, verdadeiros sinais incipientes de violencia que anticipan outras manifestacións máis graves de malos tratos. Polo que teñen que ser capaces de recoñecer esas condutas nocivas para poder frealas, e deste xeito evitar que se agraven e supoñan un maior risco de violencia de xénero no futuro.
Querer evitar a violencia de xénero debemos evitar os pasos que se inician baixo as referencias dunha cultura machista. Por tanto, para erradicar calquera forma de violencia, a solución reside na educación. O respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos alicerces básicos.
É necesario seguir traballando na prevención e na sensibilización e visibilizar un problema de profundo calado social.
Por todo iso resulta imprescindible que a mocidade de hoxe en día, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero, recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos e, a continuación, convértase en protagonista do logro dunha sociedade libre de violencia contra a muller: apoiando a quen a sofre, rexeitando actitudes e estereotipos que a promovan ou xustifiquen e actuando nas súas relación interpersoais, desde o convencemento de que a igualdade entre mulleres e homes e o respecto pola dignidade do outro son imprescindibles e útiles para a súa convivencia pacífica en sociedade.
Traballemos todos e todas xuntos e avancemos unidos para conseguir unha sociedade 0 % machista.”
Antes da inauguración o alumnado recibiu unha conferencia impartida por Pilar Díaz Burgos, Técnica da Secretaría Xeral de Igualdade, que desempeña o seu traballo no Centro de Recuperación de Vítimas. A conferenciante ensinou aos estudantes de entre 12 e 16 anos a detectar os sinais da violencia de xénero e ha comprender porqué as vítimas non poden saír da violencia.




