Inicio Pontevedra Baixo Miño "Eu tomo partido, e ti?" Este é o lema da campaña no...

“Eu tomo partido, e ti?” Este é o lema da campaña no Rosal con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional conta a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade.

Este ano o profesorado, que ven traballando de xeito moi comprometido coa xente máis nova do Rosal , formando, coidando e guiando aos nosos fillos e fillas deste concello, quere amosar o seu desacordo con esta lacra. Por iso únese á campaña “EU TOMO PARTIDO, E TI?”.

O colectivo do profesorado, ten un peso fundamental xa que fai unha labor de concienciación dentro das aulas pero tamén fora delas, traspasando o centro educativo, chegando ás familias e en definitiva a toda a sociedade.

Este ano cóntase coa colaboración desinteresada dalgún dos profesores e profesoras máis recoñecidos/as  e queridos/as do Concello.

Participan no proxecto:

Ana Sofía Rodríguez Pereira, directora do CPI Manuel Suárez Marquier e profesora de educación primaria

Moncho Fernández Leal, profesor de educación primaria na unitaria de Fornelos

Loli Sánchez Blázquez, profesora de apoio educativo en educación secundaria

Manolo Alonso Macías Jorreto, profesor de educación primaria na unitaria de Pías

Sonia García Castiñeira, profesora de inglés en educación secundaria

Xosé manuel Méndez Díaz, xefe de estudos de educación primaria e profesor de música

Pablo Alexis Rodríguez Soler, profesor de tecnoloxía en educación secundaria

Esperanza Iglesias Vilacha, directora e profesora do CRA María Zambrano

Mª Teresa Iglesias Pena, profesora de educación primaria no CPI

Lobina Santoke Basanti, profesora de educación primaria no CPI

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies