Inicio Pontevedra O Morrazo O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu programa 128 filmes e...

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu programa 128 filmes e 65 actividades

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu programa 128 filmes e 65 actividadesO 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu “terá un enorme impacto cultural na nosa contorna”, ao programar un total de 65 actividades entre proxeccións e propostas paralelas durante nove días, do 6 ao 14 de setembro.

Así o explicou o director do FICBUEU, Manuel Pena, na presentación do evento celebrada esta mañá a bordo dun catamarán da Naviera Nabia. No acto interviñeron ademais representantes do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, principais institucións cofinanciadoras.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, apuntou que “o sector audiovisual galego vive un momento brillante”, tanto no relativo á produción como á difusión e formación de novos públicos que xeran os festivais, destacando “a potencia que está a acadar o FICBUEU e o seu crecemento continuo”. Tamén a responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, salientou que “a xente á que lle gusta o cinema ten este festival na súa axenda” e lembrou que as curtas adoitan abordar temáticas sociais de plena actualidade, como o papel da muller, o colectivo LGTBI ou as migracións. Ao tempo, o FICBUEU resulta “un festival inclusivo, con propostas para todos os públicos, que se celebra nunha contorna marabillosa, polo que ten todos os ingredientes para que resulte un éxito”, asegurou a deputada provincial.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, pechou a rolda de intervencións subliñando a colaboración entre administracións para impulsar “un proxecto cultural tan ambicioso como este, que cada ano evoluciona completando e diversificando a súa oferta, polo que é un pracer camiñar ao seu carón”. O rexedor sinalou asemade que “este festival foi medrando da man da xente, da súa masiva asistencia, e da capacidade de innovar que a organización demostra ano tras ano”.

Ampla e variada programación

O director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu explicou que o certame acadará este ano unha serie de cifras récord, ao proxectar 128 filmes dos que 70 se verán por primeira vez en Galicia e, desas, 30 exhibiranse por vez primeira en España “o que amosa a dimensión do lugar que ocupa o FICBUEU dentro da industria cinematográfica”, de maneira ademais que “o público poderá achegarse a obras doutro xeito inaccesibles”, concluíu.

A xefa de produción do festival, María Ruiz-Falcó, repasou o amplo programa desta duodécima edición, na que haberá as catro seccións habituais (Galicia R, España, Internacional e Panorama) e dúas novas, Experimental e Nouvelle Vague, amais das destinadas ao público máis novo. Organizaranse asemade charlas con profesionais de recoñecido prestixio, como o actor Luis Zahera, o director Xacio Baño, o produtor Sergio Frade ou a directora de arte Elia Robles, canda dous encontros sectoriais protagonizados polas asociacións Proxecta e CREA.

A realización en directo de espazos radiofónicos, de ámbito estatal e autonómico, con convidados da talla de Paco Plaza, Mabel Rivera, Uxía Blanco ou María Vázquez, é outro dos eixos do FICBUEU 2019, xunto co monólogo humorístico de Miguel Lago e unha decena de actuacións musicais, que encabeza Enric Montefusco. O  Mercado das Curtametraxes, a Ruta das Tapas 5 Estrelas ou as popostas para a rapazada reunidas baixo o epígrafe Mini-FIC son outras das claves da programación, que pode consultarse ao completo na web www.ficbueu.com, onde tamén se poden adquirir as entradas para as escasas actividades que non son de balde, xa que en case todas o acceso é libre é gratuito.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies