spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lendaPontevedra é unha potencia en patrimonio arqueolóxico. Os seus castros xunto ao mar e os restos de asentamentos romanos que se conservan trasládannos no tempo para coñecermos a orixe das súas cidades

A provincia de Pontevedra propúxose rescatar do esquecemento o rico patrimonio histórico e cultural que representan os seus xacementos arqueolóxicos. E máis aló dos segredos que atesouran, os castrexos elixiron para os seus poboados lugares altos e cunha excelente posición que hoxe os converten en excepcionais miradoiros sobre a costa e o interior deste destino. Estas paisaxes de lenda animan a calquera visitante para penetrar nas orixes das cidades das Rías Baixas, desde asantigas citaniasata os seus posteriores asentamentos romanos.

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda

O Castro de Santa Trega é dos mellor conservados de Galicia, con vistas aéreas sobre A Guarda e a fronteira con Portugal. Está datado entre os séculos I a. C. e I d. C. e as primeiras escavacións realizáronse de maneira fortuíta en 1913. Hoxe pódense visitar dúas casas reconstruídas e un museo.

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda
Castro dos Cubos – Tui

Sen saír do Baixo Miño, a ruta inclúe o Castro Alto dos Cubos, en Tui, e a seguinte parada é xa Vigo. A cidade fixo un grande esforzo por recuperar o poboado do Castro e o edificio do Museo do Mar integra os restos do xacemento de Punta do Muíño do Vento. Merece a pena achegarse a Salinae, con restos da antiga fábrica de sal xunto á Ría, antes de cruzar a porta da Vila Romana de Toralla.

deputacion-iniciara-abril-os-traballos-arqueoloxicos-no-xacemento-monte-do-facho-cangas
Monte Facho – Cangas do Morrazo

A mellor opción é trasladarse logo ata Cangas do Morrazo para subir ao monte do Facho, onde se conserva un poboado con vistas únicas cara ás Illas Cíes e as de Ons.

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda
Castrolandin – Cuntis

É importante non esquecer o Castro da Subidá, en Marín, e o de Alobre, en Vilagarcía de Arousa. Resulta obrigada tamén a visita a Castrolandín (Cuntis).

O Castro de Santa Trega é dos mellor conservados de Galicia, con vistas aéreas sobre A Guarda e a fronteira con Portugal

Os castrexos das Rías Baixas deixaron moitos poboados abandonados trala chegada dos romanos, trasladándose a novos asentamentos a pé de costa ou en vales. No Salnés pódese pasear polo xacemento da Lanzada e o de Adro Lanuxe, finalizando o percorrido en Valga para coñecer a historia da Igrexa Vella.

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda
Castro Alobre – Vilagarcía de Arousa

Ponte entre Mediterráneo e Atlántico

Os achados no xacemento da Lanzada testemuñan que a provincia de Pontevedra ocupaba un lugar estratéxico no intercambio comercial entre os pobos do Mediterráneo e o Atlántico. As escavacións desbarataron o tópico dunha terra illada e acreditaron contactos fluídos con outras culturas desde o século VI a. n. e. As Rías Baixas formaban parte dos circuítos comerciais de longo percorrido controlados por cartaxineses e gadiritas.

//Turismo Rias Baixas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.