Inicio Baixo Miño A Guarda Un total de 15 embarcacións participaron na 10ª edición do Cruceiro Río...

Un total de 15 embarcacións participaron na 10ª edición do Cruceiro Río Miño

Un total de 15 embarcacións participaron na 10ª edición do Cruceiro Río MiñoO Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organizou o pasado sábado día 31 de agosto a 10ª edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C que contou coa participación dun total de 15 embarcacións.

A regata disputouse nun único formato multiclase aberto a todas as embarcacións a vela con orza móbil, contando con 3 catamaráns, 7 470, 3 Laser Radial, 1 dorna e 1 raquero

As regatas arrancaron pouco despois das 16:00h da tarde facendo un percorrido polo Río Miño entre A Pasaxe, en Camposancos, e a Praia das Eiras no Rosal.

A regata foi puntuable para as embarcacións 470 e as multiclase, resultando a seguinte clasificación:

Clasificación 470:

1º Ignacio Campos e Yolanda Bastos

2º Carlos Español Berridy e Patricia M. Lomba

3º Emilio Alonso Estevez e Alejandro Alfonso

Todos os equipos de 470 son do Club deportivo Alagua

Clasificación Multiclase:

1º Catamarán Clase A, Pablo Martínez-Sayanes López (Club Alagua)

2º Catamarán Nacra, José Vicente Rodríguez Rodríguez (Club Alagua)

3º Laser Standar, Serafim Gonçalves (Clube Naval Povoense)

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies