spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaNova edición do LARETA, festival de monólogos de Redondela

Nova edición do LARETA, festival de monólogos de Redondela

Este é xa o terceiro ano consecutivo no que intérpretes de diferentes estilos e orixe artística ofrecerán un espectáculo onde a palabra é a protagonista. E non é casual que o festival se chame LARETA, porque o obxectivo é precisamente ese: laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se queira dándolle o protagonismo absoluto á palabra en lingua galega.

Nova edición do LARETA, festival de monólogos de RedondelaO LARETA Pretende ser unha proposta creativa e artística que incide na oralidade e na necesidade de divulgar o traballo artístico feito en lingua galega. Este festival de monólogos estase a converter xa nun referente dentro da oferta cultural redondelá, avalado polo éxito das anteriores edicións en Redondela e Chapela.

Neste LARETA 2014, que se celebrará os sábados 15 e 29 de novembro, e 6, 13 e 20 de decembro, cóntase con Carlos MeixideSoledad FellozaCelso SanmartínAvelino González e Marián Bañobre, e todos os espectáculos son para público adulto.

As propostas, aínda que ben diferentes, teñen o denominador común dos contos e das persoas que os transmiten, a transmisión oral da lingua e o divertimento que isto supón, mais nesta edición hai tamén unha proposta teatral en forma de monólogo, que estará a cargo de Marián Bañobre, da compañía Ibuprofeno Teatro.

Nesta edición de outono o LARETA vaise celebrar no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela. O prezo da entrada xeral é de 5 €, e para persoas xubiladas e estudantes será de 3 €. Ademais é posible adquirir un bono para as cinco funcións, co prezo de 20 € ou 12 € para a entrada reducida, que se poderán reservar dende o xoves 13 de novembro nos multiúsos de Chapela e Redondela, ou ben a través do teléfono 986 402 865.

A venda de entradas anticipadas farase dende dous días antes a cada función nos Multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego.

O Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza redondelá a asistir a esta proposta que reivindica o uso oral da lingua propia de Galicia e a súa idoneidade para a transmisión cultural e o lecer.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.