spot_img
InicioVal MiñorBaionaSeminario de Xestión Económica en Baiona

Seminario de Xestión Económica en Baiona

Baiona - Xornada de gestion economicaO Concello de Baiona e a Escola de Organización Industrial, en colaboración coa consultora Auren, organiza o vindeiro mércores, 19 de novembro, un Seminario sobre xestión económica, destinado a pemes, emprendedores, autónomos e público en xeral.

O obxectivo do seminario é analizar desde un punto de vista práctico como xestionar o cobro de débedas mediante procedementos sinxelos. Para iso, diferenciaranse os trámites a seguir na vía extraxudicial e xudicial. Tamén, ofrecerán algunhas pautas para protexer o noso crédito en situacións de insolvencia do debedor.

Este seminario será impartido por avogados de AUREN, firma de servizos avanzados líder no mercado das pequenas e medianas empresas, con dilatada experiencia nas devanditas xestións.

Os relatorios levarán a cabo no Centro Multiusos Anxo Bedriñana, na rúa Carabela Pinta (Praza de Abastos) a partir das 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta e non necesita inscrición previa.

Este seminario atópase dentro do proxecto “Consultoría de Innovación para Pemes turísticas do municipio de Baiona, INNOVATUR BAIONA”, promovido e subvencionado polo Concello de Baiona, Concellaría de Turismo, e pola Escola de Organización Industrial (EOI).

O obxectivo deste proxecto é favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas de I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación) e do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) nas Pemes, a través das cales se consiga dar un impulso á súa competitividade, implantar boas prácticas, así como técnicas que supoñan unha mellora na xestión das mesmas.

Máis información: Concellaría de Turismo: 986 38 59 24.
Programa

20:00 -“Como recuperar as túas débedas: procedementos sinxelos”. Amparo Moreno e Belén Alfaya
20:45 – “Protección do crédito en situacións de insolvencia”. Carmen Costas e Javier Pascual.
21:30  -Rogos e preguntas

 

- Publicidade -spot_img