spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán remata os traballos de prospección de emerxencia no castro de Panxón

Nigrán remata os traballos de prospección de emerxencia no castro de Panxón

Nigrán remata os traballos de prospección de emerxencia no castro de PanxónAs fortes chuvas de decembro causaron un gran desprendemento de terra nunha ladeira do castro de Panxón, xunto a praia da Madorra, sacando á luz milleiros de restos arqueolóxicos da mesma zona na que apareceu o mosaico romano repatriado de EEUU

Cousas de revista nº16

O Concello de Nigrán rematou esta semana o traballo de prospección de emerxencia do castro de Panxón. As fortes chuvas de finais de decembro deixaron ao descuberto o pasado romano e castrexo deste núcleo ao producirse un desprendemento de terra sobre a praia da Madorra. Ante este derrubo da ladeira noroeste e a aparicion case a simple vista de milleiros de pezas, o Concello contratou de urxencia a Árbore Arqueoloxía o proxecto de investigación, prospección e estudo de materiais (previo permiso de Patrimonio).

Nigrán remata os traballos de prospección de emerxencia no castro de PanxónO traballo de campo de catro arqueólogos, xa finalizado, permitíu recuperar milleiros de fragmentos de cerámica de distintos periodos (fundamentalmente tellas e ánforas), muíños romanos e castrexos ou osos de animais. Compre destacar que a este núcleo pertence o xa famoso mosaico romano cun motivo mariñeiro que está sendo repatriado desde EEUU ou unha coñecida ara a Mercurio.

“O sorprendente deste achado é a cantidade inxente de pezas, non a singularidade das mesmas; aparecen sen realizar o mínimo esforzo “, indica a arqueóloga Nerea Vilariño sobre os 360 m2 de superficie que se desprenderon en espazo público e que foron analizados. Esta altísima concentración apunta a que mesmo a zona se correspondese cun vertedoiro onde os seus habitantes tiraban os restos de comida ou lixo.

 

Tras esta prospección (a primeira na Historia que se realiza sobre o castro) os restos atopados serán levados a analizar a un laboratorio especializado en materiais de época romana. Esta análise científica permitirá acotar con maior exactitude o periodo de tempo no que estivo habitado este castro e posterior villa romana (actualmente se sitúa entre o S.II-III a. C, Idade de Ferro, e o IV-V d.C. ).

“A maioría dos 3.700 m2 que ocupa o castro son terreo privado, como Concello puidemos actuar aquí por ser espazo público e, grazas a elo, teremos a oportunidade de coñecer máis sobre o noso pasado romano e castrexo, o que nos permitirá promocionar e divulgar mellor a importancia de Panxón, máxime cando estamos a piques de recibir o famoso mosaico do muxo”, explica o alcalde e tamén historiador, Juan González. De feito, a fase final do estudo será entregar ao Museo de Pontevedra os restos acompañados dun exhaustivo informe.

“O problema deste castro ubicado nunha península é a propia erosión ao que o somete o mar, arrastrando con el a terra e, consecuentemente, parte do xacemento, por iso é importante aproveitar esta oportunidade para realizar estudos”, considera o rexedor.

- Publicidade -spot_img