O Concello de Cangas continua co proxecto de accesibilidade e buscando financiación provincial para Rúa Ferrol, Rúa Redondela, Rúa Gondomar
O Concello de Cangas vén de presentar tres iniciativas á convocatoria da Rede Ágora pola que a Deputación de Pontevedra financia os proxectos imprescindibles para a posterior execución dos traballos que busquen aumentar os espazos públicos para os peóns.
Os proxectos presentados son Humanización da Rúa Ferrol, Accesibilidade dos Accesos ao Centro de Saúde e Humanización da plaza do centro de sáude ( Gondomar, Redondela e Antonio Soage Jaldas) e o que buscan é dotar de plataforma única para ampliar o espazo de uso peonil e a conexión coas zonas salvando os desniveis actuais de xeito que o entorno conte con accesibilidade universal.
Avanzar con Cangas cara a unha accesibilidade universal da a posibilidade de cubrir as necesidades de toda a veciñanza e actuar en calquer tipo de situación de emerxencia sin limitación de espazo.