spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán recupera a Gala do Deporte con 40 premiados de múltiples disciplinas

Nigrán recupera a Gala do Deporte con 40 premiados de múltiples disciplinas

Nigrán recupera a Gala do Deporte con 40 premiados de múltiples disciplinasO nome de todos os galardoados será desvelado durante o propio evento, mentras que as mencións especiais serán para a Federación Arxentina de Bolos Celta, Patos Surf Club, os afeccionados ao fútbol de Praia América, Adrián Ben e Miguel Chamorro de Kin Car

O Concello de Nigrán recupera o domingo 3 de abril a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal a súa ‘Gala do Deporte’ despois de que a pandemia a deixase sen celebrar desde 2019. O obxectivo deste evento é recoñecer públicamente o bo traballo de 40 deportistas e clubes de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas. Trátase dun evento aberto ao público e incluirá unha exhibición sorpresa dunha especialidade deportiva moi espectacular.

Como na pasada edición, o nome dos premiados non se desvelará ata o propio momento da Gala, pero o Concello sí desexa dar a coñecer xa as cinco mencións especiais. Así, renderase tributo á Asociación Arxentina de Bolos Celta, disciplina que foi levada alí polos emigrantes miñoranos e que mantén un contacto estreito cos clubes da comarca; a Patos Surf Club, entidade veterana na práctica deste deporte en Nigrán e que cumpre 30 anos; aos afeccionados de fútbol praia en Praia América que desde hai máis de 30 anos se reúnen neste areal os domingos para xogar; ao atleta lucense Adrián Ben que veranea desde neno no Camping Praia América e que se clasificou como finalista mundial e olímpico en 800 metros, e a Joaquín Chamorro de Kin Car, escudería de autocross que o galardonado creou despois de ser nos anos anteriores un dos pilotos máis laureados do panorama nacional nesta disciplina.

“Será unha Gala na que homenaxear aos nosos deportistas e clubes darlles a visibilidade que merecen, xa que moitos deles practican disciplinas moi pouco recoñecidas, ademais de existir unha fenda de xénero cando se trata de mulleres deportistas”, resume o alcalde, Juan González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.