spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán protexe perimetralmente a zona dunar de Lourido na que está a...

Nigrán protexe perimetralmente a zona dunar de Lourido na que está a crear unha ‘Microreserva Piloto’

Nigrán protexe perimetralmente a zona dunar de Lourido na que está a crear unha 'Microreserva Piloto'Contén unha superficie de preto de 2.000 metros cadrados que se suma á zona de Panxón e xa funciona como auténtica ‘aula viva’ de educación ambiental

O Concello de Nigrán ven de pechar perimetralmente a zona dunar de Praia América en Lourido (uns 2.000 metros cadrados de superficie) co fin de protexela ao máximo e contribuír á creación dunha ‘micro-reserva’ piloto. Para elo investíu 5.000 € a través da empresa de inserción social Cormo Integral, que empregou a este efecto o mesmo sistema que existe desde hai décadas na área de Panxón: postes de madeira con tendido de arame lonxitudinal.  A iniciativa forma parte dun novidoso proxecto concedido pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades consistente en crear aquí ‘microrreservas piloto’  co obxectivo de renaturalizalas ao tempo que se crea conciencia social ao respecto.

Revista COUSAS DE Nº13

“O fin é manter a área libre de alteracións permitindo que especies autóctonas desprazadas pola intervención humana colonicen de novo o lugar”, resume o alcalde, Juan González.  O obxectivo é acadalo a través dunha campaña de participación pública innovadora, de feito,  xa funciona como ‘aula viva’ onde se impartirán obradoiros medioambientais aos centros educativos (na tempada estival será a toda a cidadanía interesada). Estas ‘clases’ se extenderán ata setembro e correrán a cargo do equipo de traballo da firma con base tecnolóxica Hydrosphere (xurdida como unha spin-off da Universidade de Vigo), a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro de Investigación Mariña e do grupo de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio) e o Consello Superior de Investigacións Científicas a través de dúas unidades de Cultura Científica (CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas).

“A diferencia da zona de Panxón, estas dunas non estaban siquera delimitadas e é unha oportunidade única de rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. Desde Hydrosphere sinalan Praia América como o lugar máis idóneo para este proxecto “ao mesturar por unha banda o seu alto valor ecolóxico e estar provisto de sistema dunar e, por outra, ter unha elevada afluencia de visitantes e gozar de infraestruturas destinadas ao ocio e o turismo”. Así, o fin último de todos os obradoiros é aumentar o coñecemento de conceptos básicos e acadar un cambio positivo nas actitudes e valores dos participantes que estimule o uso responsable dos espazos, buscando un equilibrio entre a explotación social e económica das praias e a súa protección.

“Este proxecto trae consigo dúas cousas fundamentais para este goberno: por unha banda protexer mellor o noso patrimonio natural e, con elo, gañar en ecoloxía, e, por outra banda, creará cidadáns máis comprometidos coa sua contorna e máis sensibilizados medioambientalmente”, conclúe o alcalde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.