spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán estrea dúas novas esculturas encargadas expresamente á Escola de Cantería da...

Nigrán estrea dúas novas esculturas encargadas expresamente á Escola de Cantería da Deputación

Nigrán estrea dúas novas esculturas encargadas expresamente á Escola de Cantería da DeputaciónO concello de Nigrán conta dende esta semana con dúas novas esculturas en pedra que, de seguro, formarán parte do conxunto de distintivos señeiros no seu territorio. As dúas pezas foron elaboradas pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra previo encargo ad-hoc do Concello.

Así, ‘Os barcos morren na Foz’ atópase xa instalada no paseo do esteiro, fronte onda os mariñeiros abandonaban antigamente as súas vellas embarcacións, e ‘O Corveiro’ (palabra coa que os mariñeiros nomean ao lugar onde esta ave estende as súas ás ao sol) está en Gaifar (Panxón) xunta o banco onde cada día se reúnen ao sol decenas de veciños, a maioría deles mariñeiros xa retirados que bautizaron así lugar (o Concello instalou incluso unha pérgola e un banco máis grande).Nigrán estrea dúas novas esculturas encargadas expresamente á Escola de Cantería da Deputación

“Son dúas pezas que encargamos ex-profeso para estes lugares co obxectivo de render homenaxe a dúas costumes moi diferentes protagonizadas por mariñeiros e, por outra banda, serven para por en valor o gran traballo dos canteiros galegos”, sinala o alcalde, Juan González.Nigrán estrea dúas novas esculturas encargadas expresamente á Escola de Cantería da Deputación

‘Os barcos morren na Foz’, que representa a unha embarcación en estado ruinoso, foi realizada por Esteban Casas, alumno da Escola de Canteiría da Deputación de Pontevedra. A peza mide algo máis de dous metros de largo e pesa 3.200 kilogramos. ‘O Corveiro’, elaborado polo tamén alumno Victor Manuel Casal, mide coas ás estendidas 1,20 m de ancho e 85 cm de alto (1,70 metros en total se se conta o pedestal) e pesa 1.200 kilogramos. Ambas foron elaboradas o curso pasado durante preto de catro meses.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.