spot_img
InicioGaliciaUn novo libro redescubre parte da historia de Galicia a través do...

Un novo libro redescubre parte da historia de Galicia a través do legado do marqués de Valladares

Un novo libro redescubre parte da historia de Galicia a través do legado do marqués de ValladaresUn novo libro redescubre parte da historia de Galicia a través do legado do marqués de Valladares. A obra contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas datadas desde 1858

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á presentación do libro Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares, escrito por Ignacio Pérez- Blanco e a quen o titular autonómico felicitou por “combinar o rigor histórico e a súa emoción xa que sente como propia a historia da súa familia”.

A obra contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas datadas desde 1858 e recupera a memoria da Casa de Valladares, desde finais do século XII ata o XX, dedicando un capítulo biográfico a cada posuidor da Casa. Ao longo dos seus dous volumes e da man dos seus protagonistas, percórrense diferentes episodios da historia de Galicia. Deste xeito, o lector poderá coñecer como era a vida dunha familia fidalga no Vigo do século XVI, a participación dun vigués na toma de Lisboa ou a destacada influencia dos Valladares na Corte de Madrid durante o reinado de Carlos II.

O autor destacou que a súa lectura tamén permitirá descubrir os usos e costumes de cada época, describindo as súas personaxes desde unha perspectiva intimista e familiar.

Ignacio Pérez-Blanco y Pernas

Nado en Vigo en 1965, desenvolveu a súa vida profesional nunha firma multinacional americana. É XIV marqués de Valladares e presidente do Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia. En 2008 comezou unha viaxe pola memoria dos seus antepasados que culminou coa redacción desta obra tras un rigoroso traballo de recompilación, documentación e interpretación da historia

- Publicidade -spot_img