Gondomar poderá financiar o proxecto de mellora da Ponte das Ánimas cunha achega de 42.000 euros da Deputación de Pontevedra

Couso, unha paraxe máxica no centro do Val MiñorO Concello de Gondomar poderá financiar o proxecto de mellora da Ponte das Ánimas e a súa contorna con este novo investimento da Deputación de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, unha nova achega para o concello de Gondomar. En concreto, a vila do Val Miñor recibirá 42.155,31 euros para financiar o proxecto de recuperación da Ponte de Ánimas e de mellora da súa contorna.

Ademais desta cantidade, o goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, en canto á liña 1, destinadas a reformar o interior dos polideportivos de Gondomar e Donas, ao proxecto de urbanización da contorna do Peto de Ánimas de Piñeiro, ao proxecto básico e de execución para parques indoor e infantil en Avenida do Conde de Gondomar e Mañufe, reformar e pavimentar o camiño de Sequeiros dende a PO-341, reformar a Praza da Paradela e da súa contorna, para urbanizar a Rúa da Igrexa, e para a conexión coa rede de augas pluviais da primeira transversal San Bieito e Rúa Párroco Mariño.

A Deputación destina este ano a Gondomar, a través do Plan Concellos, un total de 1.667.227,04 euros, un 77,22% máis que en 2017.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies