spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán está a traballar na mellora dos 10 km do Camiño de...

Nigrán está a traballar na mellora dos 10 km do Camiño de Santiago que discorren polo municipio

nigran-esta-a-traballar-na-mellora-dos-10-km-do-camino-de-santiago-que-discorren-polo-municipio

Esta posta a punto inclúe o adecentamento de todo o traxecto polo municipio, incluíndo a sustitución das pasarelas do Río Muíños, a reparación da súa ponte e a marcaxe coa señalización oficial

O Concello de Nigrán ven de marcar coa sinalización oficial o Camiño de Santiago pola costa ao seu paso polo municipio. A marcaxe prodúcese menos dun mes despois de que a Xunta recoñecese oficialmente esta ruta de peregrinación que durante anos reclamaron os concellos que atravesa.

O traballo do Concello para mellorar o traxecto de cara ao verán (cando maior afluencia se espera) supón adecentar os 10 kilómetros que lle corresponden, incluíndo a sustitución das pasarelas de madeira do río Muíños (moi deterioradas) ou a reparación da súa ponte (actualmente escorada). Todo elo está sendo levado a cabo por operarios municipais e con financiamente íntegro do Concello.

Precisamente, co obxectivo de ser máis fiel ao camiño orixinal e ao mesmo tempo evitar zonas de estrada sen interese, o recente marcado discurre polo río Muíños e Nespereira, as igrexas de San Félix e San Pedro ou de Santiago de Parada, único templo e parroquia cuxo patrón é o Apostolo e que será sinalizada apropiadamente cun panel informativo. Ademáis dos pequenos trocos con respecto ao primeiro marcado que se fixo, agora clarifícanse puntos de encontro que xeraban confusión.

A Ruta Xacobea pola Costa

Este itinerario de peregrinación xa tiña gran importancia na Idade Media, sendo fundamentalmente utilizada por peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar ata Compostela.

Ao longo do seus 78 km, en España discorre dende A Guarda ata Redondela, atravesando os municipios do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, e Vigo ata que chega a Redondela, onde continúa o mesmo traxecto que fan os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcorre polo interior.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.