O CB Nigrán viaxou de novo a Santiago para acompañar ao Obradoiro no seu ùltimo partido de liga e celebrar con eles a permanencia en liga ACB conseguida hai unha semana.
A comitiva, integrada por outros clubs participantes, do mesmo xeito que o CB Nigràn, na liga Basketgal _ Obradoiro , partiu de Vigo ás dez da mañá nun autobùs que os trasladou ao multiusos Fontes do Sar , onde se disputou o partido contra Unicaja.
Nos descansos do partido, dous xogadores infantís do CB NIGRÁN, María Fernández e Martín Pazo, xunto a outros xogadores infantís puideron gozar xogando na pista do Obradoiro.
Ao finalizar o encontro, todos os xogadores e xogadoras que participaron esta tempada na liga Basketgal-Obradoiro presentes no Multiusos puideron baixar a pista cos xogadores e corpo técnico do Obradoiro para celebrar con eles a súa permanencia en ACB.
Foi unha mañá intensa de baloncesto que finalizou nunha gran festa compartindo polbo e churrasco cos xogadores do Obradoiro.




