spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán e Vila Nova de Gaia hermanados polo baloncesto

Nigrán e Vila Nova de Gaia hermanados polo baloncesto

Nigrán e Vila Nova de Gaia hermanados polo baloncestoO GD Bolacesto de Vilanova de Gaia desprazouse este fin de semana ata Nigrán cos seus equipos junior e senior femenino xunto a unha representación de familias e directivos para disputar un torneo amistoso coas xogadoras de CB Nigrán no que tamén participou o equipo senior do CB Redondela.

A comitiva portuguesa chegou a Nigrán o sábado pola tarde e unha vez instaladas nun hotel da localidade foron recibidas polo alcalde de Nigrán Juan González  a Concelleira de Educación Marina Vidal e a Directora deportiva do CB Nigrán  Nuria Gómez Domínguez.

O primeiro partido tivo lugar esa mesma tarde no CPI Arquitecto Palacios de Panxón onde o equipo junior luso se enfrentou ao equipo junior anfitrión.

Xa o domingo , no pavillón Municipal tiveron lugar dous encontros, un que enfrentou ás xogadoras senior portuguesas contra a equipa senior do CB Redondela e a continuación, para pechar o torneo, as junior do CB Nigrán volveron enfrentarse ao junior portugués.

Para rematar esta visita o Clube anfitrión fixo entrega dun agasallo ás dúas equipas visitantes e a continuación desfrutaron dun pequeno xantar xunto á familia do CB Nigrán e ó alcalde Juan Gonzalez que fixo entrega dun agasallo representativo da localidade antes de que a expedicion portuguesa iniciase a viaxe de retorno.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.