Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán contará cun departamento de normalización lingüística por primeira vez na súa...

Nigrán contará cun departamento de normalización lingüística por primeira vez na súa historia

nigran-pon-en-marcha-un-programa-pioneiro-en-estimulacion-cognitiva-para-a-3a-idade

Permitirá a correcta tradución de instancias e impresos, un mellor uso da língua e a corrección de tódolos posibles erros.

O Concello de Nigrán, a través dunha subvención de 7.440 euros da Deputación de Pontevedra, contará por vez primeira na súa historia cun departamento de Normalización Lingüística para facer do galego un vehículo de comunicación común no consistorio. Así, a súa incorporación permitirá traducir e normalizar todas as instancias, formularios e documentación que se xera dende o consistorio co fin de asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. “Como entidade pública temos un compromiso total coa promoción e uso correcto e xeral do galego nas nosas comunicacións para reforzar a nosa lingua propia, por iso é moi imporante para nos este servizo que nos comprometeramos a crear”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

Así, o Concello creará un posto laboral temporal de técnico de normalización lingüística que desenvolverá tarefas de asesorarmento en todo o relacionado coa política lingüística, mellorando a nosa calidade comunicativa, planificando, xestionando, executando e avaliando accións a prol da lingüa galega e facendo un seguimento do cumprimento da lexislación vixente nesta materia, para velar así polos dereitos lingüísticos da cidadanía. O prazo de presentación de solicitudes a través do Rexistro Municipal comeza este martes 26 de xullo e finaliza o 3 de agosto. A duración do contrato é de 12 meses cunha xornada de 16,5 horas semanais. As titulacións válidas son licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica, grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega. Tódalas bases e información estarán a disposición dos interesados no Departamento de Desenvolvemento Local, na páxina web ou no Departamento de Información

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies