spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Praia de Muiño (A Guarda) acolleu a XXV edición de concurso...

A Praia de Muiño (A Guarda) acolleu a XXV edición de concurso de figuras de area

2016_Figuras de Area (1)

Este domingo, día 24 de xullo, a Praia do Muíño acolleu unha das datas máis tradicionais do verán guardés, o Concurso de Figuras de Area, que este ano chegou á súa XXV edición.

Con motivo do seu 25 aniversario mudáronse algúns aspectos dun concurso no que levan participado xa varias xeracións de guardeses e guardesas, moitos pais e nais dos actuais concursantes. A principal novidade está nas categorías. No apartado individual houbo  tres categorías segundo a idade: de 3 a 5 anos, de 6 a 10 e de 11 a 16 anos. Outra posibilidade era participar en grupos, unha modalidade na que había dúas categorías segundo a idade media; unha categoría ata 9 anos e outra a partir dos 10.

A mañá comezou coa inscrición dos nenos e nenas que viñan dispostos a pasar un bo rato facendo obras de arte na area, e que ademais tiñan asegurado un agasallo para todos. A inscrición fíxose das 11 ás 12 horas da mañá na propia praia do Muíño ata onde se achegaron unha morea de nenos e nenas da Guarda, doutros puntos do Baixo Miño e tamén había representantes de Vigo e arredores. Tamén se puideron ver familias de Lugo, Ourense ou Madrid que adoitan pasar o verán no noso concello.

A partir das 12 horas deu comezo a proba, para a cal os participantes tiñan un espazo limitado e marcado na area. As categorías individuais dispuxeron dunha hora e as grupais dunha hora e cuarto, polo que o tempo para realizar as figuras rematou ás 13,15 horas. A partir dese momento hora o xurado, formado por tres xuíces por categoría, comezou a súa deliberación, unha labor complexa dado o alto nivel das obras propostas.

Por último, e antes que os participantes puideran desfrutar dun soleado día de praia, anunciáronse os premiados, que recibiron unha medalla como agasallo. Os gañadores das diferentes categorías foron:

Nas categorías individuais:

.De 3 a 6 anos:

1º – Noa Carneiro González

2ª – Sabela Mauri Cadilla

.De 6 a 10 anos:

1º – Natalia Rodríguez Freitas

2ª – Nuria Martínez Alonso

.De 11 a 16 anos:

1º – Mimi Verde González

2º – Lara Rial Vicente e Sara Martínez Alonso (empatadas)

 

Nas categorías grupais:

.Pequenos: idade media ata 9 anos:

1º – Grupo nº 6 formado por Tecla Baz Baz, Alba Baz Baz, Daniela Rodríguez Adrover e Alicia Barciela Cacheiro.

2ª – Grupo nº 7 formado por Inés Cividanes González, Alba Vicente Cividanes, Irene Vicente Cividanes e Lea Picallo Álvarez.

.Maiores: idade media a partir de 10 anos:

1º – Grupo nº 8 formado por Lucía Ameal Pereira, Laura Álvarez Pérez, Eva Vicente Cividanes e Andrea Verde Mateos.

2º – Grupo nº 4 formado por Lucía Mínguez Quiroga, Raquel Quiroga Álvarez e Ruth Quiroga Álvarez.

Deste xeito concluíu unha nova edición do Concurso de Figuras de Area da Praia do Muíño. O Concello da Guarda agradece e da a noraboa ós 119 nenos e nenas que participaron este ano, facendo desta XXV edición unha das máis exitosas e convídaos a todos e todas a volver o ano que ven e así manter a que xa se converteu nunha cita imprescindible do período estival para as familias guardesas.

- Publicidade -spot_img