Esta mañá, a deputada de Mocidade da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas Gómez, e a concelleira de Mocidade do Concello de Baiona, Beatriz González Pérez, inauguraron o curso de cociña internacional ‘O Mundo no Prato‘ que forma parte do programa Depo Rúarte, no que os alumnos aprenderán coñecementos sobre a elaboración de pratos de diferentes partes do mundo.
O curso tivo unha gran acollida entre o público novo baionés que moi entusiasmado comezou hoxe coas primeiras leccións culinarias.
O curso ten unha duración de 25 horas durante as cales os participantes aprenderán de forma dinámica a preparar pratos típicos doutros países, integrados na cociña internacional.
Durante a presentación, os alumnos foron informados de que se elixirá a un deles para representar ao concello nunha gran final entre representantes dos distintos concellos nos que se está impartindo o citado curso que terá lugar o 8 de Outubro. Aquel alumno que se alce co galardón provincial recibirá un importante premio.




