spot_img
InicioBaixo MiñoMúsica no Claustro regresa á catedral de Tui con jazz, artesanía e...

Música no Claustro regresa á catedral de Tui con jazz, artesanía e novos talentos

musica-no-claustro-regresa-a-catedral-de-tui-con-jazz-artesania-e-novos-talentos

A nova edición deste festival de música e patrimonio ofrecerá do 3 ao 7 de agosto concertos de música clásica, antiga e jazz, obradoiros de cerámica e instrumentos tradicionais, xunto con visitas guiadas ao conxunto monumental tudense.

As actividades que conforman a nova programación deste festival de música, patrimonio e creación interdisciplinar, foron presentadas esta mañá nunha rolda de prensa á que acudiron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o director do festival, Samuel Diz; o cóengo emérito e mentor do evento, Ricardo García; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro; o conselleiro en Galicia de Artistas Intérpretes ou Executantes (AIE), Xacobe Martínez; e a música Sandra Pérez, quen interpretou unha peza ao vibráfono.

musica-no-claustro-regresa-a-catedral-de-tui-con-jazz-artesania-e-novos-talentos

Baixo o leimotiv Fortalezas e a dirección artística de Samuel Diz, Música no Claustro ofrecerá diversos concertos de música clásica, antiga e jazz. No marco desta programación musical, chegará por primeira vez a Galicia, procedente de Lisboa, un dos proxectos máis singulares xurdidos na última década en Portugal: Noiserv. Nese diálogo entre ambas as dúas beiras do Miño, tamén terá lugar a presentación en escena do pergamiño Vindel de Martín Códax.

Música no Claustro busca este ano o “diálogo transversal entre o edificio da Catedral e micro elementos patrimoniais como á grana cochinilla”, segundo apunto o seu director, Samuel Diz.

musicanoclaustronova2A grana cochinilla, a través da que xira parte desta edición, trátase dun parasito que chegou dende México para revolucionar a sociedade tudense da época a través da súa capacidade para tinguir de vermello os tecidos. Na conferencia “vermello profundo” –xoves 4, 18.30h– darase conta dos seus usos na indumentaria eclesiástica e nos códices musicais da época .

“Un festival eminentemente familiar”, salientaba Samuel Diz, que organizará ademais unha xincana para que a rapazada descubra de forma lúdica o conxunto catedralicio. Como cada ano os concertos remataran coa apertura ambigú-xardín da catedral que permita relaxarse e intercambiar opinións nun entorno único.

Ciclo de novos intérpretes

Xunto con outras formacións e músicos experimentados como o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o Ernesto Aurignac Trío, tamén participarán no festival novas e novos intérpretes, que terán ocasión de dar a coñecer o seu talento grazas á colaboración da Escola e o Conservatorio Profesional de Música de Tui, a A.C. Galicia Fiddle, e o apoio das empresas Connecta Aloia e a editorial Dos Acordes.

Desde a perspectiva do estudo e difusión do patrimonio, Música no Claustro pon o foco nesta edición na grana cochinilla, o pigmento natural chegado desde Nova España do que fala nos seus escritos frei Prudencio de Sandoval, bispo da catedral tudense entre 1608 e 1612.

Protagonista dun importante desenvolvemento histórico, económico e artístico, o festival centra a súa atención na intrahistoria da cor carmín e os seus usos relixiosos, artísticos e sociais desde o século XVI ata a actualidade. Para iso, ofrecerá unha xornada de coñecemento interdisciplinar co historiador mexicano Huemac Escalona, e desde o punto de vista artístico, a gaditana Irene Gómez interpretará unha escolma de obras para viola da gamba nunha viaxe ao mundo sonoro das Españas históricas.

Artesanía e visitas guiadas

As residencias artísticas e talleres de Verónica Moar, artesá de cerámica contemporánea, e o construtor de instrumentos musicais Xaneco achegaranlles aos participantes a artesanía galega. Visitas guiadas á cidade medieval tudense, xunto con obradoiros e xincanas para que os máis pequenos descubran o valor do patrimonio completan as propostas da décimo segunda edición de Música no claustro.

Organizado polo Cabido da catedral de Tui, o festival conta coa colaboración da Xunta de Galicia, mediante o apoio das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, e mais da Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Tamén colaboran con ‘Música no Claustro’ o Concello de Tui e AIEn-RUTa clásicos e jazz, programa do Fondo Asistencial e Cultural de Artistas Intérpretes o Ejecutantes.

En total, 5 concertos principais en diferentes puntos da Catedral, diversas conferencias e obradoiros de artesanía permitirán a fusión entre música, patrimonio e creación interdisciplinar da que fai gala o evento.

Música no Claustro, que ten unha duración de cinco días, forma parte do programa cultural de verán do Concello de Tui. O programa completo pode consultarse na web http://musicanoclaustro.com

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.