O piragüismo galego representa o 43% do equipo español desprazado á cita mundialista.
A armada galega formada por 19 deportistas xa se atopa nas instalacións da Canle de Regatas de Minsk (Bielorrusia), onde a partir do mañá xoves comezará o Campionato do Mundo Junior e Sub23 de Sprint, que reúne a 70 países na última cita previa aos JJOO de Río. Esta pista de competición atópase situada nos arredores da capital e conta con moi boas instalacións desde o ano 2011 que foi remodelada. O campo de regatas sitúase no medio do lago artificial de Zaslawskaye, construído como reserva de auga para a cidade de Minsk, debido ao seu gran tamaño é coñecido como o mar de Minsk.
A delegación galega está composta por oito padeeiros da categoría sub 23 e once da categoría xuvenil, todos eles acoden con grandes expectativas para alcanzar os metais en xogo.
En kayak xuvenil Luís Rodríguez do Piragüismo Portonovo participará no K4 1000, Alexandre Castro do E.P. Cidade de Pontevedra participará no K2 1000 metros. Polo que respecta á modalidade de canoa David Barreiro do Naútico Rodeira competirá en C1 1000, o seu compañeiro de club Pablo Graña en C1 200 metros que ademais formará C2 con Noel Domínguez do Breogán do Grove na distancia de 1000 metros, a outra embarcación que participará neste mundial será a do C4 500, que estará formada por David Barreiro, Manuel Fontán do Náutico Ribadumia, Rubén Fernández do Nautico Boiro e Pablo Rodríguez do Piragüismo Poio, esta tripulación buscará repetir a medalla de bronce alcanzada o ano pasado no mundial de Portugal. A representación feminina da categoría está formada por Carolina García do E.P. Cidade de Pontevedra que estará presente no K2 500 e K4 500 metros, nesta última distancia tamén estará Marta Iglesias do Club de Mar Ría de Aldán. As canoistas Andréa Vázquez do Piragüismo Rías Baixas e Antía Jácome do E.P. Cidade de Pontevedra competirán en C1 200 metros e C2 200 metros respectivamente.
En canto á categoría sub 23 o padeeiro do Kayak Tudense Roi Rodríguez participará no K4 1000 metros onde buscará revalidar o título de campión do mundo conseguido no ano 2015, Carlos Arévalo da Náutico Ría de Betanzos tentará conseguir unha medalla no K1 200 metros, distancia da que é especialista desde hai varios anos. Sergio Vallejo do Piragüismo Poio encargarase de defender o C1 1000 metros. Doutra banda Camila Morison do Náutico Pontecesures remará o K4 500 metros e o K2 500 metros, nesta distancia compartirá embarcación con Natalia García do Breogán do Grove. Na modalidade de canoa Jenifer Casal do E.P. Cidade de Pontevedra formará parella con Cristina Noya do Piragüismo Rianxo en C2 200 metros.
Os resultados pódense seguir na seguinte ligazón:
http://canoeminsk2016.by/en/results/
Ademais da canle de youtube Planet Canoe que emitirá en directo toda a competición.




