Inicio Pontevedra Baixo Miño Comezan as visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Oia

Comezan as visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Oia

Visita petros A Cabeciña

A partir deste xoves 28 comezan as visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico de Oia, promovidas pola Asociación Costa dos Castros, o Concello de Oia e empresas colaboradoras como Terras Gauda. As visitas durarán todo o verán, son gratuítas e teñen por obxecto dinamizar o turismo da zona.

Costa dos Castros comeza a súa tempada estival cunha batería de visitas guiadas ao patrimonio arqueolóxico do Concello de Oia. As visitas van orientadas a un público xeral, son gratis e ofrécense diariamente ata setembro.

As visitas teñen dous formatos. Por unha banda, unha serie de visitas con horarios fixos e por outro, as que só se farán baixo demanda de grupos. Dentro das visitas regulares ofertadas están as seguintes:

Visitas diúrnas á Cabeciña (diarias, excepto luns): Ofrécese un percorrido polos 4.000 anos de historia deste complexo arqueolóxico dende os petróglifos ata a actualidade, pasando pola época castrexa e as formas de vida tradicionais. A visita ten un carácter moi aberto e inclusivo para todo tipo de público, que ademais desfrutará coas incribles vistas deste promontorio.

Visitas nocturnas á Cabeciña (venres e sábados): Estas visitas céntranse nos petróglifos que se farán visibles pola luz das lanternas. Unha visita máis evocadora para desfrutar do luar, das estrelas e do son do mar mentres nos achegamos a estes gravados ancestrais.

Visitas ao barrio do Arrabal (sábados e domingos): Trátase do barrio que rodea o Mosteiro de Oia. Nesta visitas coñeceremos a vida duns monxes artilleiros, un sistema de pesca ancestral, as casas de patín e os edificios que tiveron unha especial relación co Mosteiro, como a cárcere ou a tafona.

Visitas a Terras Gauda (diarias): Esta adega abre as súas portas aos visitantes para lles introducir ao mundo da uva e a vide coas calidades singulares dos viños do Rosal e de Terras Gauda en particular. A visita ten un custe de 5€ e inclúe un paseo en microbús polos viñedos e cata de dúas variedades de viño.

Estas visitas regulares tamén se poden solicitar para grupos pequenos fóra dos horarios fixos.

Ademais, a Asociación Costa dos Castros ofrece visitas que se realizarán baixo demanda de pequenos grupos: ao xacemento de Chavella coas súas espectaculares vistas, ao castro de Cano dos Mouros para coñecer ás súas lendas e ao petróglifo de Auga dos Cebros, cunha representación dun barco mediterráneo do II milenio a. C.

Para máis información, horarios e reservas pódese chamar ou contactar por Whatsapp ao 666435832, escribir a costadoscastros@gmail.com ou consultar na web (www.costadoscastros.com) e Facebook (www.facebook.com/costadoscastros) da Asociación Costa dos Castros.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies